A Comisión Superior para o estudo do desenvolvemento do Dereito Civil galego emitiu o informe requirido polo Parlamento, concluindo que Galicia “non ten competencias para lexislar sobre a custodia compartida”; suxire ao Parlamento de Galicia unha regulación estatal. Logo do correspondente debate e votación, desde a Comisión Superior para o estudio do desenvolvemento do
A Comisión Superior para o estudo do desenvolvemento do Dereito Civil galego emitiu o informe requirido polo Parlamento, concluindo que Galicia “non ten competencias para lexislar sobre a custodia compartida”; suxire ao Parlamento de Galicia unha regulación estatal.
Logo do correspondente debate e votación, desde a Comisión Superior para o estudio do desenvolvemento do Dereito civil galego adóptase por maioría dos seus membros na sesión do 28.05.2018 a posición contida nas consideracións que de seguido se recollen que serviron de base para conformar o parecer maioritario da Comisión sobre a falta de competencia da materia obxecto da Proposición de lei de ILP en tramitación sobre corresponsabilidade parental e relacións familiares no cese da convivencia; e sen prexuízo de anexar, así mesmo, como voto particular, as reflexións da posición minoritaria, que se remiten de xeito conxunto neste documento ao Parlamento de Galicia.
Así mesmo, por consenso do plenario da devandita Comisión suxírese ao Parlamento de Galicia a posibilidade de dirixirse ás Cortes Xerais instando a modificación da regulación estatal para dar cobertura xeral a esta materia.
Con motivo da reunión organizada en Santiago de Compostela pola Asociación Galega de Pais e Nais Separados e persoas que non sendo socios sumaron o seu esforzo a esta iniciativa. Establecerase contactos con todos os grupos parlamentarios para poder seguir adiante con éxito coa ILP que recolleu 14.468 sinaturas, superándose o número esixido no artigo 2 da Lei 7/2015 do 7 de agosto, de iniciativa lexislativa popular no Parlamento de Galicia.
A Comisión Promotora veu mantendo nos pasados meses reunións cos grupos políticos do Parlamento de Galicia: En Marea, PSOE e Partido Popular e BNG. Nesta nova fase da tramitación da ILP seguimos estando en contacto con todos eles na procura que a lei chegue a aprobarse respectando os seus contidos e incorporando as milloras que sexan posibles.
Graciñas pola tua participación!
Leave a Comment
You must be logged in to post a comment.