A Audiencia de Ourense condena a tres bancos polas “escasas medidas de seguridade”

A Audiencia de Ourense condena a tres bancos polas “escasas medidas de seguridade”

A Audiencia de Ourense condena a tres bancos polas “escasas medidas de seguridade” as cales favoreceron unha estafa O acusado foi sentenciado a dous anos de cárcere por cometer un delito de revelación de segredos en concurso con outro continuado de estafa Fonte: Comunicación Poder Xudicial A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Ourense condenou,

A Audiencia de Ourense condena a tres bancos polas “escasas medidas de seguridade” as cales favoreceron unha estafa

O acusado foi sentenciado a dous anos de cárcere por cometer un delito de revelación de segredos en concurso con outro continuado de estafa

Fonte: Comunicación Poder Xudicial

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Ourense condenou, como responsables civís subsidiarias, a tres entidades bancarias a indemnizar con 105.120 euros a un cliente por favorecer “polas súas escasas medidas de seguridade aplicadas” que un home se apoderase de diñeiro do seu tío avó mediante a realización de compras por internet, reintegros en efectivo e transferencias. O importe económico obtido polo acusado ascendeu a máis de 100.000 euros, segundo consta no fallo, contra o que cabe presentar recurso de casación ante o Supremo.

O sospeitoso, quen sabía que a vítima residía fóra de España, aproveitou que a correspondencia postal sobresaía da caixa de correos da súa vivenda, situada no partido xudicial de Celanova, para apoderarse dunha carta que contiña o seu número de DNI, o que lle permitiu “operar con total liberdade na banca electrónica”, segundo destacan os maxistrados. O acusado foi sentenciado a dous anos de cárcere por cometer un delito de revelación de segredos en concurso con outro continuado de estafa.

O tribunal resalta na sentenza que, a pesar de que ás entidades bancarias correspondíalles “a garda e custodia” do diñeiro da vítima, incumpriron “as disposicións reguladoras de dicha custodia ao non adoptar os mecanismos de protección básicos para a eficaz salvagarda do seu patrimonio”.

As “escasas” medidas de control tomadas polos bancos, segundo a Audiencia, fixeron posible que o condenado obtivese datos persoais do denunciante e cartóns de crédito que nunca solicitara o seu tío avó, así como que lle remitisen os números secretos mediante correo postal ordinario. Desta forma, o investigado puido utilizar o servizo de banca electrónica para crear contas, contratar os cartóns e efectuar movementos.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor