A CIG contra a “lei de depredación” de Galicia

A CIG contra a “lei de depredación” de Galicia

Lei de ‘Depredación’ A CIG, que no seu momento chamou a mobilizarse contra a Lei de ‘Depredación’ de Galiza, aprobada de forma antidemocrática e “golpista” polo PP baixo o nome de Lei de Fomento de Implantación de Iniciativas Empresariais, considera que esta mina é un claro exemplo do modelo de desenvolvemento do país que favorece.

Lei de ‘Depredación’

A CIG, que no seu momento chamou a mobilizarse contra a Lei de ‘Depredación’ de Galiza, aprobada de forma antidemocrática e “golpista” polo PP baixo o nome de Lei de Fomento de Implantación de Iniciativas Empresariais, considera que esta mina é un claro exemplo do modelo de desenvolvemento do país que favorece.

Un modelo económico e industrial que o propio secretario xeral, Paulo Carril, definiu no seu momento como “colonial” e que se basea na espoliación dos nosos recursos, ben sexan mineiros, forestais ou enerxéticos, deixando sen efecto ningunha normativa medioambiental e aínda por riba arrasando con calquera outro tipo de alternativa económica que se poida dar vinculada cun rural vivo que permita un desenvolvemento digno dos nosos recursos.

O proceso de separación de cobre necesita dunha inxente cantidade de auga: 2,5 hm³ de auga ao ano. As plataformas convocantes alertan de que esa auga sairá “das nosas fontes o dos nosos ríos” e que eliminará unha grande cantidade de manancias (20) que subministran a auga a granxas, fogares particulares e os concellos de Touro e O Pino que terán que buscar outra alternativa.

Esa auga que entra limpa, ao entrar en contacto cos sulfuros de cobre e os produtos químicos, sae convertida nun veleno que mata todo rastro de vida ao seu paso. “Escorrerá por todos os regatos, pasará aos ríos, chegará ao Ulla, de onde se abastecen mitos concellos e finalmente á ría de Arousa. Esa auga xa leva na actualidade alta concentración de metais pesados (Al, Mn, Zn, Fe, Cu….) prexudiciais para as especies piscícolas e para a saúde das persoas. Esa contaminación dispararíase e os seus efectos serían desastrosos. Por non falar do que provocaría un accidente pola rotura dalgunha das balsas de lodos. O risco de que isto suceda é alto. Non o inventamos nós, dío o proxecto”, advirten.

Para demostralo recorren ao estudo realizado por investigadores da universidade de Vigo e Swansea sobre o efecto da antiga mina na poboación de salmón atlántico, onde se pon de manifesto a diminución da poboacións de salmóns no Ulla como consecuencia da contaminación por cobre durante e despois da anterior actividade mineira e onde conclúen que a reapertura da mesma poría ao salmón ao borde da extinción neste río. “O estudo só se centrou no salmón, pero non hai que ser moi lince para ver que todas as demais especies piscícolas e marisqueiras serán afectadas de igual xeito”, denuncian.

Paralización do proxecto

Por todo iso, mais tamén polo impacto no Camiño Francés, que pasa pegado á zona Norte da mina, exíxenlle á Xunta do PP e de Feijóo a paralización do proxecto, e a denegación da autorización para esta explotación mineira.

Demandan a restauración do dano causado pola anterior explotación, tanto do solo como das augas contaminadas e solicitan a caducidade da concesión que vén dos anos 50 e estará en vigor até o 2068.

Ademais piden aos concellos de Touro e o Pino que abandonen o “autismo político” no que están instalados e escoiten o clamor social de rexeitamento, como xa fixeron outros alcaldes (algúns, mesmo do seu mesmo partido), e “se poñan do noso lado demandándolle á Xunta que cumpra coa súa función de defender o interese xeral fronte a depredación das multinacionais mineiras”.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor