A Deputación da Coruña avanza na creación da comunidade intermunicipal Parque Compostela Rupestre

A Deputación da Coruña avanza na creación da comunidade intermunicipal Parque Compostela Rupestre

  A Deputación da Coruña bota a andar a creación da Comunidade intermunicipal Parque Compostela Rupestre coa aprobación do convenio pola que se establecen as bases de colaboración cos concellos de Ames, Brión, Santiago de Compostela, Teo e Val do Dubra 27/07/2018|Deputación da Coruña O texto do acordo é un dos puntos da orde do

 

A Deputación da Coruña bota a andar a creación da Comunidade intermunicipal Parque Compostela Rupestre coa aprobación do convenio pola que se establecen as bases de colaboración cos concellos de Ames, Brión, Santiago de Compostela, Teo e Val do Dubra

27/07/2018|Deputación da Coruña

O texto do acordo é un dos puntos da orde do día do pleno deste 27 de xullo, despois de ser aprobado por unanimidade na Comisión de Cooperación, Plans Provinciais, Asistencia a Municipios, Turismo e Patrimonio.

O pleno da Deputación da Coruña dará este xoves 27 un paso adiante na formalización do Parque Compostela Rupestre ao aprobar o convenio pola que se establecen as bases de colaboración cos concellos de Ames, Brión, Santiago de Compostela, Teo e Val do Dubra.

O proxecto, constituído como Comunidade Intermunicipal, terá como obxecto a xestión conxunta do parque “Compostela Rupestre” co fin de agrupar os medios persoais e materiais e recursos económicos das corporacións participantes para xestionar de forma conxunta a promoción e posta en valor da arte rupestre localizada no territorio dos municipios implicados.

“O proxecto de Parque Compostela Rupestre forma parte do itinerario da Deputación e súmase ao proxecto do primeiro xeoparque en Ortegal e ao Parque do Megalitismo da Costa da Morte. Neste caso trátase de conservar e promocionar o rico patrimonio rupestre da comarca de Compostela, infelizmente, aínda moi descoñecido”, explica o deputado Xosé Regueira, presidente da Comisión de Cooperación, Plans Provinciais, Turismo e Patrimonio.

Desde o ámbito do Turismo e Patrimonio, Xosé Regueira apunta que o Val da Maía é “un territorio moi rico patrimonialmente que pode ser tamén rendíbel social e economicamente, o que é un dos obxectivos deste proxecto participado pola Deputación e os concellos”.
Coa constitución da comunidade intermunicipal preténdese realizar actividades conxuntas relacionadas non só coa conservación e difusión da arte rupestre, senón tamén as relativas a paisaxe e ao medio ambiente, á defensa e posta en valor do patrimonio cultural, normalización lingüística e outras que se consideren de interese público local e necesarias para o axeitado desenvolvemento do proxecto.

Os cinco concellos aprobaran xa con anterioridade a integración no proxecto de parque arqueolóxico Compostela Rupestre que a Deputación da Coruña dotará con 500.000 euros para o seu desenvolvemento.
O convenio terá vixencia de catro anos prorrogábeis por outros tantos e a presidencia da entidade comezará polo concello de maior poboación, é dicir, Santiago de Compostela.

 

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor