A Deputación da Coruña publica tres axudas aconcellos e entidades locais da provincia

A Deputación da Coruña publica tres axudas aconcellos e entidades locais da provincia

A Deputación da Coruña publica hoxe as resolucións de tres convocatorias de axudas dirixidas aos concellos e entidades locais da provincia. Listase de subvencións concedidas a concellos e entidades locais para o mantemento de conservatorios, escolas de música e escolas de danza municipais, para contratar persoal técnico para a atención de museos e centros de

A Deputación da Coruña publica hoxe as resolucións de tres convocatorias de axudas dirixidas aos concellos e entidades locais da provincia.
Listase de subvencións concedidas a concellos e entidades locais para o mantemento de conservatorios, escolas de música e escolas de danza municipais, para contratar persoal técnico para a atención de museos e centros de interpretación e para o apoio ao desenvolvemento de festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas

05/07/2018|BOP de Coruña

Resolveuse:
1º.- Aprobar a concesión das subvencións correspondentes ao Programa FO207: Convocatoria do programa de subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento de conservatorios, escolas de música e escolas de danza municipais, durante o ano 2018, aos concellos e entidades locais seguintes: ANEXO
2º Considerar como definitivos os orzamentos modificados de oficio naqueles casos que incluían gastos non subvencionables segundo a convocatoria. Os solicitantes poden consultar os orzamentos definitivos accedendo ao expediente telemático.
3º.- Dispor o gasto das subvencións concedidas con cargo á seguinte aplicación orzamentaria: 0612/3343/46201, fase A, referencia nº 22018000943, operación nº 220180007053, importe: 358.774,00€
4º.- Nesta convocatoria non hai solicitudes denegadas.
Resolveuse:
1º.- Aprobar a concesión das subvencións correspondentes ao Programa FO216: Convocatoria do programa de subvencións a concellos e entidades locais para contratar persoal técnico para a atención de museos e centros de interpretación, durante o ano 2018, aos concellos e entidades locais seguintes: ANEXO
2º Considerar como definitivos os orzamentos modificados de oficio naqueles casos que incluían gastos non subvencionables segundo a convocatoria. Os solicitantes poden consultar os orzamentos definitivos accedendo ao expediente telemático.
3º.- Dispor o gasto das subvencións concedidas con cargo á seguinte aplicación orzamentaria: 0612/3331/46201, fase A, referencia nº 22018000915, operación nº 220180007054, importe: 399.204,43€
4º.- Nesta convocatoria non hai solicitudes denegadas
Resolveuse:
1º.- Desestimar as alegacións presentadas polo concello de Rois sobre o expediente 2018000005015.
2º.- Aprobar a concesión das subvencións correspondentes ao Programa FO221:Convocatoria do programa de subvencións a concellos e entidades locais para o apoio ao desenvolvemento de festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas na provincia da Coruña, durante o ano 2018, aos concellos e entidades locais seguintes: ANEXO
3º.- Considerar como definitivos os orzamentos modificados de oficio naqueles casos que incluían gastos non subvencionables segundo a convocatoria. Os solicitantes poden consultar os orzamentos definitivos accedendo ao expediente telemático.
4º.- Dispor o gasto das subvencións concedidas con cargo á seguinte aplicación orzamentaria: 0612/3343/46201, fase A, referencia nº 22018000946, operación nº 220180007052, importe: 539.584,94€
5º.- Denegar a concesión das subvencións correspondentes ao Programa FO221:Convocatoria do programa de subvencións a concellos e entidades locais para o apoio ao desenvolvemento de festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas na provincia da Coruña, durante o ano 2018, aos concellos e entidades locais seguintes polos motivos que se indican: ANEXO

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor