Prazo aberto, ata o 14 de setembro, para solicitar as axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandoados en Galicia Oorde do 4 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía
Prazo aberto, ata o 14 de setembro, para solicitar as axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandoados en Galicia
Oorde do 4 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2018.
Obxecto e principios de aplicación
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia, relativas á atención e ao coidado dos animais domésticos de compañía que estean nos centros de recollida autorizados e/ou formen parten de colonias felinas reguladas no artigo 26 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2018 (procedemento MT811A).
2. Para os efectos do disposto na epígrafe anterior, entenderanse por animais domésticos de compañía os pertencentes ás especies canina e felina, e por animal entregado en adopción, o animal doméstico abandonado que foi cedido en adopción nun centro de recollida autorizado e que consta correctamente inscrito a nome da persoa adoptante no Registro Galego de Animais de Compañía (Regiac) segundo o recollido no artigo 4.7 da Lei 4/2017, do 3 de outubro.
3. Estas axudas tramitaranse en réxime de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, con eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos. Así mesmo, resultarán de aplicación os preceptos da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as corporacións locais que no seu ámbito territorial:
a) Presten o servizo de recollida e xestión de colonias felinas por si mesmas ou asociadas, en réxime de xestión directa ou indirecta.
Ou ben,
b) Presten o servizo de recollida e xestión de colonias felinas mediante convenio e/ou acordos de colaboración nesta materia con outras administracións públicas e entidades, como as asociacións de protección e defensa dos animais inscritas no Rexistro Galego de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais de Compañía.
2. En todo caso, o acollemento dos animais abandonados deberase realizar en centros debidamente autorizados para tal fin ou nos fogares de acollida dependentes deles e/ou en colonias felinas, reguladas no artigo 26 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, antes do 1 de setembro de 2018.
Actuacións subvencionables (Artigo 2)
1. Serán actuacións subvencionables ao abeiro desta orde de axudas as destinadas á atención e ao coidado dos animais domésticos de compañía que estean nos centros de recollida autorizados e/ou formen parten de colonias felinas reguladas no artigo 26 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, e relativas aos gastos derivados do acto clínico para:
a) A esterilización cirúrxica dos animais coa dobre finalidade de evitar a súa reprodución incontrolada e a promoción da súa adopción.
b) A identificación animal mediante a implantación de microchip, correspondente inscrición no Regiac e expedición de pasaporte sanitario, de acordo co recollido no artigo 12 da Lei 4/2017, do 3 de outubro.
2. Non será obxecto de subvención o imposto do valor engadido (IVE).
3. En todo caso, a contía da subvención non poderá ser nunca superior ao custo da acción subvencionable.
ámbito temporal
As axudas a que se refire esta orde comprenden os gastos subvencionables recollidos no artigo 2 que sexan efectivamente realizados no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de agosto de 2018.
Crédito orzamentario
1. As axudas concederanse con cargo ás aplicacións orzamentarias 07.03.541B.460.0, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, mediante concorrencia competitiva.
2. O importe máximo das axudas que se conceden no dito exercicio orzamentario ascenderá a 100.000 €, distribuídos da seguinte maneira:
a) Gastos derivados do acto clínico veterinario da esterilización cirúrxica: 70.000 €.
b) Gastos derivados do acto clínico veterinario para a identificación animal: 30.000 €.
Non obstante, no suposto de que as axudas concedidas, cos límites previstos no artigo 6, non esgoten a cantidade asignada para algún dos conceptos anteriormente citados, poderase destinar a cantidade remanente a aquel en que a cantidade sexa insuficiente para atender as solicitudes presentadas.
Contía da axuda
1. A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio poderá subvencionar as actuacións recollidas no artigo 2 nas seguintes contías máximas:
a) Gastos derivados do acto clínico veterinario da esterilización cirúrxica: ata un máximo de 100 €/animal esterilizado da especie canina e de 85 €/animal esterilizado da especie felina.
b) Gastos derivados do acto clínico veterinario para a identificación animal: ata un máximo de 30 €/animal identificado.
2. No caso de superación das dispoñibilidades orzamentarias, poderanse axustar as contías rateadas entre todas as entidades beneficiarias. O réxime de rateo farase atendendo á puntuación obtida no proceso de valoración.
3. A contía das axudas está condicionada, en todo caso, á existencia de dispoñibilidade orzamentaria.
Prazo
O prazo de presentación das solicitudes será desde o día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 14 de setembro de 2018.
Leave a Comment
You must be logged in to post a comment.