Estudar osteopatía acorde o plan da OMS

Estudar osteopatía acorde o plan da OMS

O Crecemento de escolas de osteopatía deu lugar a certa confusión certamente intencionada en moitas ocasións. No caso particular de España creáronse escolas de osteopatía; todas elas privadas se ben unhas eran extraoficialmente vinculadas a escolas de Fisioterapia e outras escolas tamen privadas directamente non; sen dúbida foi parte do problema que este feito, puidese

O Crecemento de escolas de osteopatía deu lugar a certa confusión certamente intencionada en moitas ocasións.

No caso particular de España creáronse escolas de osteopatía; todas elas privadas se ben unhas eran extraoficialmente vinculadas a escolas de Fisioterapia e outras escolas tamen privadas directamente non; sen dúbida foi parte do problema que este feito, puidese ser motivo de confusión e mesmo do enfase en tal relación tendenciosa con respecto da relación existente entre un colectivo coma o dos fisioterapeutas.

A relación natural e antiga de Osteópatas no noso país, nada tiña a ver coa fisioterapia; mais neste caso si houbo intención de facer pensar que a práctica da mesma debería ou mesmo era exclusiva deste sector.

Sexa como sexa, é preciso para o lector lembrar que ambas as profesións, e dicir a osteopatía e a fisioterapia son consideradas totalmente independentes a nivel internacional e tamen por parte da OMS Organización mundial da Saúde e tamen por parte da propia World Conference of Physical Therapy (WCPT).

Segundo a citada Organización Mundial da Saúde OMS Existen 2 vías formativas para se formar profesionalmente en osteopatía; para tal fin establecense uns parametros formativos que son recoñecidos pola OMS no seu documento “WHO Benchmarks for training in osteopathy” publicado sobre a osteopatía xa no ano 2010 e corroborado posteriormente pola Norma Europea 16686:2015.

Dita norma europea sobre a prestación de asistencia na osteopatía, e ambas as vías dan acceso á admisión por parte de dous tipos de profesionais; por suposto dentro do eido dos profesionais sanitarios tamen temos que subliñar que non soamente son fisioterapeutas coma e obvio.

Ditas vías establecidas poderían facerse de xeito esquemático co seguinte esquema:

– Formación Tipo I:

Duración mínima de 4800 horas presenciais, equivalentes a non menos de 240 ECTS; dos
cales, polo menos 60 ECTS deben corresponder a formación de 2º ciclo (cualificación equivalente a Grao
+ Master).

A mesma formación debe incluír non menos de 1000 horas de práctica clínica supervisada obrigatoria.

O alumno debe obter previamente o título de bacharel ou o equivalente correspondente.
Este tipo de formacións teñen habitualmente unha duración de entre 4 e 6 anos e son a tempo completo.

– Formación Tipo II:
O alumno debe dispor previamente dun Título Universitario en Ciencias da Saúde.
Neste caso, a duración e o contido deste tipo de programas, poderá adaptarse en función da
valoración previa, da preparación, e/ou da experiencia que acredite o estudante.
En ningún caso, poderán ser inferiores a 120 ECTS específicos de osteopatía ou a 1500 horas
presenciais. Segundo a Norma Europea, este tipo de programas adoitan realizarse en 4 anos e teñen
unha duración de 2000 horas.
A mesma debe incluír non menos de 1000 horas de práctica clínica supervisada obrigatoria.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor