Feministas que si queren a custodia compartida e outras que non

Feministas que si queren a custodia compartida e outras que non

Xornal Galego entrevista a duas mulleres de asociacións feministas, unha a prol da custodia compartida e outra en contra dela. Ana L. S, nai separada con dous mellizos de 4 anos e a prol da custodia compartida afirma: “Se a muller feminista que loita pola igualdade non quere a custodia compartida, entón non quere que

Xornal Galego entrevista a duas mulleres de asociacións feministas, unha a prol da custodia compartida e outra en contra dela. Ana L. S, nai separada con dous mellizos de 4 anos e a prol da custodia compartida afirma:

Se a muller feminista que loita pola igualdade non quere a custodia compartida, entón non quere que o home sexa igual no coidado dos fillos”.

Varias asociacións de pais e nais denuncian dende fai xa anos que as mulleres ante unha separación teñen, “por lei e tradición”, máis vantaxes que os homes para ter a custodia dos fillos. En Galicia dende fai anos varias asociacións de pais e nais separados veñen loitando pola coparentalidade, de feito presentouse recentemente unha iniciativa de ILP para tal fin; iniciativa que a día de hoxe está parada por considerar que o goberno galego non ten poder para lexislar sobe a devandita lei.

“Se non hai acordo entre os pais, as nais adoitan gañar sempre nos xuizos a pesares de que o constitucional non o contempla así. En Galicia de unha cidade a un pobo todo cambia e entre cidades igual, din que a xustiza e igual para todos pero con datos estatisticos podemos demostrar que iso non e certo”.

Afirma Ana L. S, unha nai que si solicitou a custodia compartida fai xa 2 anos e os seus mellizos levano con moita naturalidade. Ana que nos concedeu esta entrevista denuncia tamén presións de grupos ultra feministas que condenan a sua postura “falan de igualdade pero no que lles conven a elas buscan superioridade”

Un estudo xa moi antigo de Gallup presentado en 2005 sinala que o 83% dos españois está a favor da custodia compartida.

Con todo, conseguir esa custodia tras o divorcio convértese nun asunto moi complicado, en Galicia depende da cidade ou do pobo e da opinión persoal do xuiz. No xuízo pola separación o home é un presunto maltratador en potencia para os postulados de moitas ultra feministas segundo Ana “Se hai custodia compartida é porque a muller quere, pero se ela non ofrece esa opción, o home é un coitado que nada pinta na custodia dos seus fillos, sangue da sua sangue”. 

Lorena M. N, pola sua banda di que a custodia compartida e machista:

“O feminismo conseguiu durante anos de loita que a sociedade progrese e iso demóstrase na obriga de moitos homes para cumprir coa súa responsabilidade como pais”

Lorena nai de unha nena de 9 anos asevera que da mesma forma que moitos homes se implicaron na educación das súas fillas e fillos…

“moitos pais empezaron a optar por pedir a custodia compartida polo descenso que iso supón na pensión alimenticia que deben pasar ao seu ex parella”

Para Lorena a custodia compartida sería un retroceso nos dereitos da muller e afirma que:

“As mulleres levamos dentro durante 9 meses os fillos e sabemos mellor ca ninguen coidar deles, un home debe facer o mesmo na casa que unha muller pero no caso de divorcio debe ser a nai a que teña a custodia dos nenos, así e a natureza e así debe seguir sendo”

Sobre o feito de que moitas mulleres teñan asinado a prol da custodia compartida Lorena di que e un vestixio do sistema patriarcal co cal hai que loitar e asevera que:

“Para moitos pais os nenos non son mais que unha prolongación da especie e dos seus xens pero as nais amamos moito mais os fillos do que calquera pai podería facelo”

Estas a favor da custodia compartida? * Sempre se plantexa nos casos de que non exista motivo xudicial algún para afastar o neno da nai ou do pai

Graciñas pola tua participación!

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor