O servizo de xeriatría, ferramenta eficaz e imprescindible no envellecemento

O servizo de xeriatría, ferramenta eficaz e imprescindible no envellecemento

O servizo de xeriatría, ferramenta eficaz e imprescindible no envellecemento (Víctor Sariego | sgxx.org).- As persoas maiores, pero sobre todo a de máis idade, son o colectivo que realiza unha utilización superior ao resto de grupos de poboación dos recursos sanitarios ao ter maior número frecuencia nos ingresos hospitalarios e unha estancia por encima da

O servizo de xeriatría, ferramenta eficaz e imprescindible no envellecemento

(Víctor Sariego | sgxx.org).- As persoas maiores, pero sobre todo a de máis idade, son o colectivo que realiza unha utilización superior ao resto de grupos de poboación dos recursos sanitarios ao ter maior número frecuencia nos ingresos hospitalarios e unha estancia por encima da media. Así o deixa patente o vicepresidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría e presidente do XXX Congreso da entidade, Javier Pérez Martín que lembra que, aproximadamente o 15% dos maiores de 65 anos ingresan polo menos unha vez ao ano nun hospital xeral.

Esta poboación anciá consome máis recursos hospitalarios porque a súa taxa de morbimortalidad é maior que a doutros grupos de idade, engade este experto que subliña que este grupo de poboación, é o que ten un risco superior de dependencia e mortalidade, especialmente o ancián fráxil. Ademais, engade, se durante a hospitalización o ancián fráxil non é atendido correctamente, adoita producirse un consumo ineficiente dos recursos sanitarios e sociais?.

Nese sentido, Pérez Martín aposta polos servizos de xeriatría como unha das principais ferramentas, e das máis eficaces, para a vida das persoas maiores e para o beneficio, en xeral, de todo o sistema sociosanitario, pois, sinala, melloran a supervivencia, preveñen o deteriorio funcional e mental e racionalizan o uso de fármacos, xa que, entre outras estratexias e servizos, utilizan unha rehabilitación precoz, traballando de forma multidisciplinar e en coordinacion constante co resto de especialidades e profesionais, evitando a institucionalización e preveniendo a dependencia.

O geriatra tamén expón o funcionamento destes servizos como un paso previo á instauración de unidades de valoración e coordinación sociosanitaria, para asesorar, formar e coordinar en programas específicos de atención ao maior en atención primaria. Un proceso que, sen dúbida, indica, melloraría non só a vida individual das persoas usuarias, senón todo o sistema sanitario, social e económico.

Así, a SGXX, igual que os organismos internacionais do campo da saúde (Asemblea Mundial do Envellecemento ou a OMS, por exemplo) sinalan a necesidade da adecuación do sistema sanitario ao envellecemento progresivo da sociedade, adoptándose medidas de prevención (primaria, secundaria e terciaria) xunto coa adecuación dos recursos hospitalarios ás necesidades dos pacientes anciáns co fin último de previr e atender á dependencia.

Para iso apoian o desenvolvemento progresivo de recursos xeriátricos especializados hospitalarios, para poder aplicar a xeriatría desde unha formulación multidimensional.

Pero, como subliña Pérez Martín, en Galicia só existen dous Servizos de Xeriatría, os de Lugo e Vigo. Necesitaríase polo menos un servizo en cada unha do sete grandes cidades galegas. A Lei Xeral de Sanidade garante a atención sanitaria a todos os cidadáns. Entón porqué nunhas cidades existen estes servizos e noutras non?, pregúntase se, ademais en Lugo e Vigo mostráronse totalmente eficientes.

O elevado índice de envellecemento do noso país, fai que a poboación anciá supoña o maior número de consultas e ingresos hospitalarios?, por iso, e volvendo á orixe de toda a xustificación da existencia das unidades de geriaría, estas representan un gran avance e beneficio sociosanitario evidente en todos os sentidos.

XXX Congreso da SGXX
Este é un dos temas que se abordarán no XXX Congreso da SGXX que se celebra os días 1 e 2 de xuño na sede de Afundación de Vigo. Un encontro, de carácter internacional que ten previsto reunir a máis de 300 congresistas e relatores de recoñecido prestixio do sector sociosanitario, clínico e medico de Galicia, o resto de España e paises como Portugal, Chile, Venezuela, Bélxica, México

Colaboran e patrocinan a organización do congreso a Consellería de Política Social e o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia, o Concello de Vigo e o Colexio oficial de Enfermaría de Pontevedra (ACOPO).

A lema do congreso é Lonxevidade, análise e propostas para unha sociedade de futuro, posto que un dos temas principais será o debate de que consecuencias está a xerar o fenómeno demográfico do envellecemento a nivel poboacional e de lonxevidade e que causa gran impacto social, económico e sanitario en Europa e en Galicia (unha das rexións máis envellecida do continente).

Nese sentido o Congreso tratará as innovacións e os cambios precisos para adaptar a sociedade a esta nova situación convivencial.

Outro tema de gran importancia será o da soidade non desexada entre as persoas maiores cuxa cifra en España rolda os dous millóns. Cada vez máis persoas maiores viven soas ou con escaso ou nulo apoio social e familiar. No congreso diferentes profesionais (psicólogos, educadores sociais, traballadores sociais, enfermeiros, coidadores de barrio,), que traballan en distintos campos do ámbito sociosanitario, exporán a súa visión de como os maiores lles describen este problema e como estes profesionais deseñan e empregan ferramentas e técnicas de traballo para reducir un trastorno que comporta importantes desequilibrios afectivo-emocionais nas persoas maiores, as súas familias e a súa contorna.

Tamén se exporá como os Servizos de Xeriatría que hai na nosa Comunidade Autónoma colaboran e interveñen con outros servizos hospitalarios na mellora da asistencia dos anciáns ingresados no hospital, xa sexa por fracturas de cadeira (Ortogeriatría) ou por tumores (Oncogeriatría). E como estes servizos tratan de levar a cabo unha continuidade asistencial na comunidade por medio de hospital de día ou xerando redes de servizos a pacientes maiores. Respecto das enfermidades neurodegenerativas, exporase como a prevención por medio da actividade física e a rehabilitación cognitiva é altamente efectiva, ademais da importancia do seu diagnóstico e tratamento precoz.

Noutra mesa redonda falarase sobre bioética sanitaria, e un tema que está a xerar gran controversia e debate en toda España: de que maneira evitar ou eliminar as suxeicións ou contencións físicas e farmacolóxicas; da nova normativa sobre incapacitaciones legais; do consentimento informado; e do documento de instrucións previas. En definitiva, preservar os dereitos e dignidade dos maiores cumprindo os principios de beneficiencia, autonomía, xustiza e non maleficiencia.

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

CURSOS ESPS+ INFORMACIÓN