Oferta Educación Galicia: 1.493 prazas de Mestres e Profesores

Oferta Educación Galicia: 1.493 prazas de Mestres e Profesores

Ofertas de emprego publico en Educación para Galicia: Convocanse 1.493 prazas de Mestres e Profesores para Galicia OFERTA EMPREGO PÚBLICO NO EIDO DA EDUCACIÓN EN GALICIA. 1493 PRAZAS CONVOCADAS Aprobada a oferta de emprego público de Educación en Galicia pola cal se ofertan 705 prazas para as oposicións de Mestres de Primaria e 788 prazas

Ofertas de emprego publico en Educación para Galicia: Convocanse 1.493 prazas de Mestres e Profesores para Galicia

OFERTA EMPREGO PÚBLICO NO EIDO DA EDUCACIÓN EN GALICIA. 1493 PRAZAS CONVOCADAS

Aprobada a oferta de emprego público de Educación en Galicia pola cal se ofertan 705 prazas para as oposicións de Mestres de Primaria e 788 prazas de Profesores de Secundaria en Galicia. Espérase que as prazas sexan convocadas durante 2018 en Galicia.

Requisitos oposicións Mestres en Galicia 

Estes son os requisitos xerais para poder aspirar a unha praza nas oposicións de Mestres de primaria para Galicia:

Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea.
Ser maior de 18 anos e non exceder a idade establecida para a xubilación.
Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas correspondentes ao corpo ao que se aspira.
Non ser separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas.
Estar en posesión do título de Mestre/a ou título de Grao correspondente.
Con todo, estes requisitos poden estar suxeitos a cambios, xa que son competencia de cada organismo convocante.

Requisitos oposicións Profesor de Secundaria en Galicia
Os requisitos xerais das oposicións de Profesores de Secundaria son os seguintes:

Ser español ou nacional dun país membro da Unión Europea
Ter cumpridos os 18 anos e non superar a idade de xubilación.
Posuír a capacidade funcional para desempeñar as tarefas habituais do corpo que se opta.
Non ser separado mediante expediente disciplinario do servizo das Administracións Públicas.
Non estar incurso en causa legal de incapacidade ou incompatibilidade segundo a norma vixente, deixando a salvo o dereito de opción que esta lle outorgue.
Ser Licenciado, Arquitecto, Enxeñeiro ou o título de grao correspondente.
Estar en posesión da formación pedagóxica e didáctica á que se refire o artigo 100.2 da Lei orgánica 2/2006.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor