Os pacientes con EPOC transmiten a Sanidade os problemas de acceso ao mellor tratamento

Os pacientes con EPOC transmiten a Sanidade os problemas de acceso ao mellor tratamento

APEPOC pide a retirada do visado para a tripla terapia e a reactivación do plan nacional para a EPOC que inclúa medidas específicas de protección para as persoas con esta patoloxía.

Publicidade Xornal Galego:

Ministerio de Sanidade España EPOC Enfermidades respiratorias Coronavirus Covid-19

Este mércores reuniuse de maneira telemática unha representación da Asociación de Pacientes con EPOC (APEPOC) con responsables da Dirección Xeral de Carteira Básica de Servizos do Sistema Nacional de Saúde e Farmacia, dentro da campaña de visibilización e reivindicación que está a realizar a asociación nos últimos meses.

O obxectivo principal desta reunión era compartir co Ministerio de Sanidade os datos inquietantes que envolven a EPOC en relación á COVID-19 (o 22% dos falecidos pola COVID-19 padecían EPOC), e trasladar demandas concretas dos pacientes que piden medidas concretas de protección como colectivo de alta vulnerabilidade.

“Agora non podo ir ao hospital e ao ambulatorio a que me dean o informe, eu non podo saír de casa pero atópome entre o eixo e a roda, podo pasar uns días sen comer pero non sen a miña medicación”