Taboexa, a Galia que loita contra os eucaliptos sen Asterix nin Obelix

Taboexa, a Galia que loita contra os eucaliptos sen Asterix nin Obelix

A titánica Taboexa, probablemente a verdadeira paraxe que albergou noutra era o Monte Medulio; acolle estes días a loita duns comuneiros contra o eucalipto. Anxo Machado | Xornal Galego A Comunidade de Montes de Taboexa en As Neves, un pobo que segundo grandes historiadores foi no pasado unha autentica localización de culto, quere erradicar a

A titánica Taboexa, probablemente a verdadeira paraxe que albergou noutra era o Monte Medulio; acolle estes días a loita duns comuneiros contra o eucalipto.

Anxo Machado | Xornal Galego

A Comunidade de Montes de Taboexa en As Neves, un pobo que segundo grandes historiadores foi no pasado unha autentica localización de culto, quere erradicar a día de hoxe os eucaliptos.

As Neves e por suposto tamén Taboexa sufriron os  lumes de outubro de 2017 que arrasaron este pobo coma o resto do concello de As Neves. Por outra banda todo o ben patrimonial aparte do particular sufriu danos severos; así boa parte do patrimonio histórico e natural de Taboexa sufriu os lumes.

Taboexa e un pequeno reduto de extensión que podería ser visto coma esa Galia de Asterix e Obelix que loita sen axuda e case en exclusiva pola deseucaliptización, a maioría dos veciños de Taboexa están de acordo e non queren que a traxedia do lume se repita.

“Taboexa está chea de petroglifos, de petos de ánimas, de capelas, dunha igrexa chea de lendas, unha igrexa situada ao pe do castro de Altamira que fai suxerir que baixo dela se agocha unha sauna, tal e coma no caso da capela de Augas Santas en Allariz. Taboexa e un referente estrano e atípico de historia e natureza en todo o Noroeste peninsular por ser o único lugar onde atopamos alacráns nun couto concreto, no couto de Altamira, a posible ubicación real do Monte Medulio” Segundo podemos ver na web Taboexa.net

As xornadas de deseucaliptización supoñen un rexurdir dun dos bastións da historia de Galicia, o rexurdir de un pobo que di basta! basta de lumes! basta de abandonar a nosa natureza, a nosa historia, os nosos pobos!

O pasado mes unhas decenas de “guerreiros” sen aparencia ningunha de Asterix ou Obelix conseguiron deixar sen eucaliptos case 14 hectáreas de monte comunal.

Os lumes en Taboexa destaparon outra parte da historia intanxible de Taboexa e da humanidade os petroglifos da Coutada rexurdiron co lume do mesmo xeito que a afouteza dos seus veciños espertou dun sono profundo. Taboexa con moitas papeletas para seren de verdade o “real” Monte Medulio voltou a loitar séculos despois, neste caso non foron os romanos e non houbo que imitar os alacráns nun suicidio que recorda a aquela cita de “denantes mortos que escravos”, pero o asedio do lume, do lume de copas, do lume dos eucaliptos espertou do seu sono a os veciños de Taboexa. Veciños que non queren voltar a ser asediados por lumes ou eucaliptos.

Mañan sábado 27 de outubro dende as 9 da mañá e ata mediodía continuarán no Castro de Altamira, no Mouro, nas Pozas do Monte, nos terreos próximos a poboación, nos restos arqueolóxicos nos nacentes de auga… Taboexa loitará e loitará tanto coma cando foi de aquela batalla da que xa fai séculos deu nome a parroquia limítrofe denominada Batalláns.  Gañará Taboexa ou terá que voltar a morrer antes de se rendir?

A historia de Taboexa e tan longa coma a do segundo petroglifo zoomorfo mais grande de Galicia, a historia e a natureza de Taboexa marcan o camiño, denantes mortos que escravos do lume…

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor