A Policía Local de Vigo detén a un home cunha orden de busca e capturaA Policía Local de Vigo detén a un home cunha orden de busca e captura

A Policía Local de Vigo detén a un home cunha orden de busca e captura

O arresto produciuse na rúa Fragoso durante unha identificación rutineira

A Policía Local de Vigo detivo na tarde deste martes a un home sobre o que pesaba unha orden de busca e captura emitida polo Xulgado do Penal número 1 de Vigo.

O arresto tivo lugar na rúa Fragoso, durante unha intervención rutinaria na que os axentes identificaban a un grupo de persoas por un motivo alleo á detención. Ao comprobar os datos do varón na base policial, descubriron que estaba sendo buscado pola xustiza.

Autor

Por Xornal Galego

Xornal Galego, un xornal galego, en galego e para todo o mundo

Deixa unha resposta