Horóscopo Galego – Xornal Galego

Cada semana podes ver o que te determinan os signos do zodíaco en Xornal Galego, o primeiro xornal con un horóscopo en Galego.

Como e cada un dos signos do horóscopo? Coñece mellor un por un:

 

                

                 

 

               

 

 


Que é o zodíaco?

Zodíaco, termo procedente do grego ζῳδιακός (zōidiakos, círculo de animais), trátase dunha banda circular de ceo por onde, aparentemente, transitan o Sol e os planetas. En realidade é a proxección do noso plano orbital arredor do Sol (na astronomía xeocéntrica era visto á inversa) no fondo de estrelas “fixas”; o nome más antigo que se coñece desa banda é o de Camiño do Sol e da Lúa. O progresivo avance da astronomía foi fixando eses camiños nunha liña dentro desa banda, que hoxe coñecemos como eclíptica, ou liña de eclipses, que é onde se “cruza” o camiño do Sol e da Lúa.

O horóscopo son as predicións que un astrólogo fai sobre a vida de alguén, baseándose no estado dos astros no tempo do seu nacemento e na influencia que estes exercen sobre o individuo. En xornal Galego podes Consultar o horóscopo en galego 100%. Crer no que di o horóscopo ou non xa e cousa túa, pero lembra que en Galicia cando falamos de isto sempre pensamos en que e como as meigas, que habelas hainas…

Os antigos consideraban o zodíaco dividido en 12 rectángulos, coñecidos como signos ou constelacións, e chamados Aries, Tauro, Xémini, Cáncer, León, Virgo, Libra, Escorpión, Saxitario, Capricornio, Acuario e Pisces.

O horóscopo e un procedemento divinatorio que consiste basicamente en predicir o futuro dunha persoa en función da interpretación da posición relativa dos planetas do sistema solar e os signos do zodíaco no momento do seu nacemento.

Este tipo de prección e a escritura que recolle esta predicción, faise normalmente nunha publicación periódica, diaria ou semanal. Segundo o teu nacemento tes un sinal do zodíaco ao que pertence unha persoa segundo a data de nacemento…

Autor