A Xunta fará un novo centro de saúde en Paderne de Allariz

A Xunta fará un novo centro de saúde en Paderne de Allariz

A Xunta de Galicia licita o proxecto de construcción do novo centro de saúde de Paderne de Allariz por 624.307 euros ​A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, licita hoxe o proxecto de construción do novo centro de saúde de Paderne de Allariz (Ourense). O orzamento previsto para a construción desta

A Xunta de Galicia licita o proxecto de construcción do novo centro de saúde de Paderne de Allariz por 624.307 euros

​A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, licita hoxe o proxecto de construción do novo centro de saúde de Paderne de Allariz (Ourense). O orzamento previsto para a construción desta nova infraestrutura sanitaria é de 624.307 euros e o prazo máximo de execución, unha vez adxudicada a obra, é de 9 meses.

A nova edificación vaise construír nunha parcela de 2.255 m2, no lugar de Toxeiras, a uns 150 metros en liña recto do actual centro de saúde, que ten una superficie de 261 m2. O novo edificio terá unha superficie construída de 393,05 metros cadrados, o que supón un incremento de 132 m2, un 50,59% máis respecto ao espazo actual.

Segundo o proxecto, presentado en novembro pasado, o novo centro de saúde de Paderne de Allariz constará dun único baixo andar, con tres zonas claramente diferenciadas. Por unha banda está a área sanitaria, que ocupará a parte central da construción e que será de maior tamaño. A súa dereita estará a zona de persoal e a esquerda a das instalacións.

O acceso ao novo centro será a través dun gran recibidor que permite a espera dos pacientes en caso de choiva. Unha vez dentro, atoparase a recepción, os aseos para acceso do público, a consulta médica, a consulta de enfermería e a área da muller/sala polivalente, entre outras. No exterior haberá unha zona de aparcamento con capacidade para once prazas, dúas delas para persoas con discapacidade.

Na actualidade o concello de Paderne de Allariz conta en torno a 1.200 tarxetas sanitarias adscritas.

As empresas interesadas en participar deberán presentar as súas ofertas, en sobre pechado, ben no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, ben por correo postal. O prazo máximo para que os licitadores poidan presentar as súas proposicións será o 6 de agosto. Os pregos do concurso público poden consultarse na plataforma de contratos públicos de Galicia a través do enlace: https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=363535

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor