Abanca inviste 30 millóns de euros en resposabilidad social corporativa

Abanca inviste 30 millóns de euros en resposabilidad social corporativa

Abanca inviste 30 millóns de euros en resposabilidad social corporativa Oleiros (A Coruña), 25 may (EFE).- O conselleiro delegado de Abanca, Francisco Botas, asegurou hoxe que a responsabilidade social corporativa está no ADN da compañía e é, ademais, unha das prioridades estratéxicas. Botas foi o encargado de abrir a cuarta edición do Foro Abanca Responsable

Abanca inviste 30 millóns de euros en resposabilidad social corporativa

Oleiros (A Coruña), 25 may (EFE).- O conselleiro delegado de Abanca, Francisco Botas, asegurou hoxe que a responsabilidade social corporativa está no ADN da compañía e é, ademais, unha das prioridades estratéxicas.
Botas foi o encargado de abrir a cuarta edición do Foro Abanca Responsable sobre Economía Circular que se celebra no Pazo de Iñás (Oleiros).
Botas estivo acompañado polo presidente de Abanca, Eduardo Eraña, que ocupa o cargo temporalmente en substitución de Juan Carlos Escotet, e o director xeral de responsabilidade social corporativa, Miguel Anxo Escotet.
O conselleiro delegado da entidade financeira destacou que desde o ano 2014 Abanca investiu 30 millóns de euros en responsabilidade social corporativa, unha prioridade na que, asegurou, continuarán non só investindo, senón tamén transmitindo.

A este respecto, Botas explicou que a entidade imparte, grazas a unha rede de voluntarios educación financeira no 90 % dos colexios galegos.
Botas, que recoñeceu non ser un experto en economía circular si deixou claro que desde a empresa da que forma parte entenden “o apoio á sustentabilidade ás empresas, o apoio ao noso mundo, o apoio inequívoco ao medio ambiente”.

Neste sentido, Botas sinalou que grazas á eficiencia enerxética a compañía conseguiu reducir un 10% os custos, o que implicou ademais un 9 % de redución das emisións Botas subliñou tamén a importancia deste dato “non para polo nunha memoria, nun folleto ou nun libro senón pola implicación que ten na sustentabilidade e no medio ambiente”.
O conselleiro delegado de Abanca fixo referencia ao programa de redución de papel co que conta a empresa, o que repercute non só na maior axilidade dos procesos senón na sustentabilidade e mellora do medio ambiente.
Francisco Botas remarcou que das 68 toneladas de residuos xerados o ano pasado polo banco conseguiuse reciclar o 50 por cento.

“Son pequenas iniciativas que penso que cada empresa debe realizar en función á súa natureza, á súa función pero que reverten no medio ambiente”, sinalou Botas.

A este respecto o conselleiro delegado comprometeuse a mellorar e apoiar as iniciativas que xurdan deste Foro Responsable “e que nos axuden a mellorar un pouquiño o mundo no que vivimos” Para finalizar a súa intervención, lembrou que cando a entidade foi adquirida polos novos propietarios e converteuse en Abanca “nós puxemos como unha condición en positivo o mantemento da responsabilidade social corporativa”.
Desvelou que “na nosa contorna non se valorou e devolvéronnos a proposta, gañamos sen iso, pero un minuto despois o primeiro que fixemos foi incorporalo ao noso quefacer”.

Posteriormente a Botas interviñeron responsables de Sogama, Revertia e Agroamb, que compartiron experiencias ‘made in Galicia’ en economía circular.

EFE DECLARACIÓNS DO CONSELLEIRO DELEGADO DE ABANCA, FRANCISCO BOTAS.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor