Aberto o proceso de selección para 5 postos en Triacastela e A Pastoriza

Aberto o proceso de selección para 5 postos en Triacastela e A Pastoriza

Aberto o proceso de selección de 5 novos postos de traballo do DepuEmprego en Triacastela e A Pastoriza Trátanse de 5 postos, que están destinados a persoas anotadas como demandantes de emprego no INEM, para traballar de peóns en Triacastela e na Pastoriza |Deputación de Lugo A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López

Aberto o proceso de selección de 5 novos postos de traballo do DepuEmprego en Triacastela e A Pastoriza

Trátanse de 5 postos, que están destinados a persoas anotadas como demandantes de emprego no INEM, para traballar de peóns en Triacastela e na Pastoriza

|Deputación de Lugo

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, anunciou este xoves que xa está aberto o prazo para participar nos procesos de selección de 5 novos postos de traballo do DepuEmprego, o programa de creación de emprego da Deputación para Concellos de menos de 20.000 habitantes. Neste caso, trátase de 2 postos de peón, no Concello de Triacastela; e outros 3 postos na mesma categoría profesional no de A Pastoriza. O requisito indispensable para poder optar a unha destas prazas é o de estar apuntado como demandante de emprego no INEM.

Para concorrer a calquera dos postos, as persoas interesadas que desexen participar no proceso de selección, deberán enviar as súas solicitudes ata o vindeiro 10 de setembro, no caso dos postos ofertados polo Concello da Pastoriza; e ata o 12 de setembro, para facer a súa demanda no Concello de Triacastela.

Os interesados deberán dirixirse aos correspondentes Concellos para os trámites de concorrencia, pois son os encargados de levar a cabo os procesos de selección dos candidatos, que comezarán tras o peche de recepción de solicitudes. Máis información no BOP, no taboleiro de anuncios do Concello correspondente e no banner de emprego da páxina web da Deputación www.deputacionlugo. gal.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor