Axuda de 200 euros para rendas inferiores a 27.000 euros anuais

Axuda de 200 euros para rendas inferiores a 27.000 euros anuais

Pedro Sánchez compareceu este martes desde o Palacio da Moncloa para facer balance do ano 2022, presumir das súas medidas contra a inflación e anunciar tamén as novas medidas contra a suba de prezos que se aprobaron na última reunión do Consello do ano de Ministros. O presidente confirmou, como xa avanzara Nacho Álvarez, secretario

Pedro Sánchez compareceu este martes desde o Palacio da Moncloa para facer balance do ano 2022, presumir das súas medidas contra a inflación e anunciar tamén as novas medidas contra a suba de prezos que se aprobaron na última reunión do Consello do ano de Ministros.

O presidente confirmou, como xa avanzara Nacho Álvarez, secretario de Estado de Dereitos Sociais, que se aprobou unha axuda de 200 euros para rendas inferiores a 27.000 euros anuais (e cun patrimonio non superior a 75.000).

Trátase do ‘cheque de alimentos’ no que levaba tempo traballando o Executivo. O Ministerio de Facenda prevía un pago único de 200 euros, que chegaría aos sete millóns de persoas.

Porén, dende Podemos reclamaron unha maior cantidade. Hai semanas, o partido morado propuxo que as axudas chegasen aos 500 euros. Despois xa se falou dunha negociación entre o PSOE e Unidas Podemos arredor de cheques por 300 euros.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor