A Subdirección Xeral de Calidade e Medicamentos e Produtos Sanitarios, dependente do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, pediu a comparecencia de cinco compañías farmacéuticas por irregularidades na liquidación de impostos correspondentes ao exercicio 2017.

Os representantes dos laboratorios farmacéuticos deberán comparecer nun prazo máximo de quince días naturais desde o seguinte ao da publicación do BOE

Publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE), María Luisa García-Vaqueiro Donaire, subdirectora adxunta de Calidade de Medicamentos e Produtos Sanitarios, citou aos representantes das compañías Focus Care Pharmaceuticals, Qatar Medical, Gervasi, Intersan e Trusetal, para ser notificados por comparecencia do proxecto de resolución do segundo cuadrimestre do exercicio 2017 de ingresos por desconto por volume de vendas ao Sistema Nacional de Saúde (SNS).

 

Autor

Por Xornal Galego

Xornal Galego, un xornal galego, en galego e para todo o mundo

Deixa unha resposta