España vai recibir 3,2 millóns de axuda europea polos lumes en Galicia en 2017

España vai recibir 3,2 millóns de axuda europea polos lumes en Galicia en 2017

España segundo informou o propio parlamento europeo vai recibir 3,2 millóns de axuda europea polos lumes en Galicia en 2017 Portugal, Francia, España e Grecia recibirán en total 104,2 millóns tras sufrir desastres naturais Diñeiro para reparar os danos causados por incendios (Portugal e España), furacáns (Francia) e un terremoto (Grecia). A axuda do Fondo

España segundo informou o propio parlamento europeo vai recibir 3,2 millóns de axuda europea polos lumes en Galicia en 2017

Portugal, Francia, España e Grecia recibirán en total 104,2 millóns tras sufrir desastres naturais
Diñeiro para reparar os danos causados por incendios (Portugal e España), furacáns (Francia) e un terremoto (Grecia).
A axuda do Fondo de Solidariedade será votada polo pleno do PE en maio
A comisión de Orzamentos do PE aprobou o mércores destinar 104,2 millóns de euros a Portugal, Francia, España e Grecia tras sufrir desastres naturais. España recibirá 3,2 millóns.

Portugal obterá 50,6 millóns para paliar os danos dos lumes que devastaron as rexións do centro e o norte do país entre xuño e outubro de 2017 e que causaron decenas de mortes.

Os incendios na rexión limítrofe de Galicia foron provocados polas mesmas condicións meteorolóxicas que en Portugal e levaron unha destrución considerable de infraestruturas, vivendas, empresas e terras forestais, así como catro mortes, sinala a resolución aprobada polos eurodeputados.

O diñeiro do Fondo de Solidariedade pode axudar a financiar a reconstrución de infraestruturas públicas e os custos das operacións de limpeza e de aloxamento temporal.

Esta é a terceira ocasión en que España recibe diñeiro do Fondo de Solidariedade, tras senllas axudas obtidas en 2003 (1,3 millóns por danos de incendios forestais) e 2011 (21,1 millóns tras o terremoto de Lorca).

Francia e Grecia

Francia obterá 49 millóns de euros para paliar os efectos dos furacáns Irma e María nas rexións de Saint Martin e Guadalupe en setembro de 2017.

Pola súa banda, a axuda a Grecia ascenderá a 1,3 millóns de euros para reparar edificios afectados polo terremoto de Lesbos en xuño de 2017.

Próximos pasos

O proxecto de informe preparado por José Manuel Fernandes (EPP, Portugal) foi aprobado pola comisión de Orzamentos con 24 votos a favor e 2 en contra.

A proposta será votada polo pleno do PE o 30 de maio. O Consello xa deu o seu visto e prace á axuda o 14 de maio. Portugal, Francia e Grecia recibiron xa avances do diñeiro.

Máis información

O Fondo de Solidariedade da UE foi creado en 2002 tras as graves inundacións dese verán en Europa Central. Desde entón, utilizouse en ao redor de oitenta desastres de moi diversos tipos, como inundacións, incendios forestais, terremotos, treboadas e secas.

Ata a data recibiron apoio vinte e catro países, por un importe total superior a 5.000 millóns de euros.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor