Horóscopo Galego predicción da Semana do 25 de xuño ó 01 de xullo de 2018 Cada semana poderás ver a predicción do teu signo do zodíaco 100% en galego e con unha chisca de galeguidade… ARIES |: A Lúa Chea para tí Aries vai pór un penedo de granito rosa de Porriño para que teñas
Horóscopo Galego predicción da Semana do 25 de xuño ó 01 de xullo de 2018
Cada semana poderás ver a predicción do teu signo do zodíaco 100% en galego e con unha chisca de galeguidade…
- ARIES |: A Lúa Chea para tí Aries vai pór un penedo de granito rosa de Porriño para que teñas éxito no que inicies. Venus favorece esta semana a tua sexualidade, se fai tempo que non xogabas o trompicallo, esta semana vas coller desjaste na cadera. O teu carisma será indiscutible e a partires da noite de San Xoán os teus desexos poderán facerse realidade, podes comezar algo bonito.
- TAURO |: Por ser teimuda como eres a pesares dos moitos inconvintes e obstáculos non deixarás de perseguir os obxectivos que te marcaches. Ti sabes que cando queres algo loitas por iso ata o final, mais as veces aquilo polo que loitas so e bo para ti e non para os demais, tenta non ser egoista e esa actitude vaite a conducir ao éxito. Aproveita a máxica enerxía da noite de San Xoán para liberarte do que non che deixa ser feliz, se son unhas brajas que te apretan debes aprender a lección e non comprar brajas por aliexpress.
- XEMELGOS |: Non perdas de vista as vacas que lojo che van po millo e tes un cristo sejuro coa veciña, tampouco te esquenzas dese proxecto que parece que se te escapa das mans coma se foras o porteiro do Liverpool. A Lúa Chea rexenérate coa mesma rapidez que o ministro de cultura e favorece a resolución definitiva dos temas de xuízos e herdanzas. Coa máxica enerxía da noite de San Xoán é o momento de liberarte de frustracións e limitacións que te frean, tomate un bo bcata de xamón da Cañiza, unha cunca de viño de Barrantes e vai a por todas.
- CARANGUEXO |: Moita felicidade te agarda estes días! lembrate de botar a remollo os pes e cortas eses mexilóns dos pes porque vas desfrutar en moitas posturas da sexualidade. Co Sol transitando polo teu signo a sorte será a tua compañeira de viaxe así que goza intensamente, pero sen que os veciños chamen a policia pensando que te esta a dar mal… goza de cada instante e permanece atento… os teus soños están máis preto do que imaxinas. Non esquezas de botar unha chisca de colonia…
- LEÓN |: Co planeta Venus esta semana a pasar polo no teu signo,vas ser como Galloso na discoteca La Luna en Pontevedra, e dicir; o teu poder de sedución é espectacular e vas conquistar a quen desexes. Aproveita a enerxía da Lúa Chea para solucionar un asunto profesional, tes que solucionar algo do traballo que te está quitando moita enerxía, e como se quiseras mover un marco e lle tiveran botado cemento. A noite de San Xoán escribe un antes e despois no teu futuro.
- VIRXE |: As decisións son mais importantes do queparece para o teu futuro, as que tomes estes días poden suscitar críticas na túa contorna, pero pensa que tamen puxeron a feder a todos antes ca ti, así que ti seguirás adiante porque sabes o que queres e tes as ideas claras coma cando ves na carta dun furancho que teñen orella de porco. A Lúa Chea vai contribuír a que a sorte desta vez si sexa xenerosa contigo e te leve a unha fase de fortuna. Ollo con as picadas de insectos, cando un se te pousa na entreperna a violencia non e a solución.
- BALANZA |: Estes días as tensións, sobre todo cando falamos das tensións a nivel familiar, poden pasarte factura. Necesitas resolver asuntos pendentes e dous millóns de euros na conta bancaria para recuperar a tranquilidade, pero se tal vai resolvendo os asuntos… No amor, se te mostras flexible evitarás enfrontamentos, e se eres moi flexible pois incluso o kamasutra te pode servir de libro de cabeceira para antes de durmir.… Aproveita a enerxía desta semana para facer exercicio, sexa trompicallo ou ximnasio vas dalo todo...
- ESCORPIÓN |: Gozarás dunha enerxía moi vital coma o camión da orquestra Panorama, esta enerxia e o que te fará ver as cousas con optimismo, unhas taciñas de Barrantes tamen pero sen coller o coche. A Lúa Chea favorece a comunicación e as viaxes, e podes chegar a algún acordo, contrato ou algún pacto que estabas a necesitar dende fai xa tempo. Aproveita a máxica enerxía para iniciar o solsticio de verán con pensamentos positivos, deixa de pensar en ti mesmo e pensa mais no amor polos demais.
- SAXITARIO |: Vas aclarar malentendidos e situacións que te angustian mais que saber se vai chover ou non no verán, se tes parella pode que por fin resolvas o enigma de que soamente ten ollos para ti, no eido familiar entenderás certas actitudes de familia ou de persoas próximas. A Lúa Chea favorece os temas profesionais e económicos, se eres dos que lle custa dicir Sanxenxo, incluso a ser mais doado de pronunciar gracias a lúa. O amor vaite a facer feliz, o sexo vaite facer gozar e a comida coidado! poderias ter unha furriqueira das que che pasa a vida toda por diante na taza do water... A Lúa no teu signo os días 25 e 26 regálate momentos máxicos, pero sen trucos…
- CAPRICORNIO |: A Lúa Chea no teu signo vaite dar moitos exitos como se foras Juan Pardo, a lúa axúdate a resolver o que te preocupa e empúrrate ao éxito como quen empurra pra cajar despois de dous dias sen facelo. Querrás sentirte libre para tomar as túas propias decisións e non vas permitir que ninguén te diga como debes vivir a túa vida, pero non te enfrontes as forzas e corpos de seguridade do estado. Experimentarás grandes desexos de esquencer o pasado.
- ACUARIO |: Podes sentirte confuso, se non e pola borralla de viño de cartón, entón deberías reflexionar, pero a enerxía da Lúa Chea axúdate a decidir o que é prioritario na túa vida, ti decides o mundial de fútbol ou a túa parella? a tua serie favorita ou xantar na casa da sojra? a vida son decisións e prioridades… Necesitas sentirte comprendido, pero non esperes a que os demais tomen a iniciativa e comenta as túas inquietudes. Debes aprender a confiar nos demais, pero non na xente que te decepcionou xa mais de unha vez.
- PEIXES |: A Lúa Chea favorece o sector das amizades, se non tes parella é un momento excelente para abrirte a novas relacións, ou simplemente abrirte se te apetece… podes viaxar e coñecer xente. Poden facerte propostas moi interesantes que terás que valorar antes de rexeitalas, si tamen no eido sexual… quen sabe se un trio… e non non falo de Camela. Estás moi apaixonado e vital, e a noite do xoves será especialmente máxica para ti se decides dar unha volta e botar unhas nasas.
Leave a Comment
You must be logged in to post a comment.