Horóscopo Galego predicción do 21 de setembro o 27

Horóscopo Galego predicción do 21 de setembro o 27

Horóscopo Galego predicción da Semana Cada semana poderás ver a predicción do teu signo do zodíaco 100% en galego e con unha chisca de galeguidade…   ARIES |:  Algún asunto que levas tempo agardando o que te interesa pode sufrir bloqueos e retrasos como o aeroporto de Vigo. Inda que te custe antes ou despois vas

Horóscopo Galego predicción da Semana

Cada semana poderás ver a predicción do teu signo do zodíaco 100% en galego e con unha chisca de galeguidade…

 

  • ARIES |:  Algún asunto que levas tempo agardando o que te interesa pode sufrir bloqueos e retrasos como o aeroporto de Vigo. Inda que te custe antes ou despois vas ser capaz de gañarte o respeto da xente da tua contorna, terás que ser paciente e perseverante, con paciencia e saliva “xa sabes o que lle fixo o elefante a formiga” para poder controlar a situación e solucionar os inconvintes. No que respecta o amor, pode que tomes unha decisión que ves meditando, ten conta con non  agasallar a tua parella con algo de unha tenda  de chinos porque esa e a cara que lle vai quedarNo te arrisques e no amor camiña como nas fogueiras de San Xoán; sobre seguro.

 

  • TAURO |: Estate alerta esta semana, debes ter o cú coma se tiveses medio feixon nel e xa non te entrara… podes estar preocupado por algún asunto familiar directo ou indirecto que tes pendente, e vaste a poñer a abordalo e solucionalo dunha vez por todas, xa pasou o inverno pero xa collía barolo... Se non estás satisfeito coa vida que levas podes finxir como fas sempre con algunha nova esperiencia como por exemplo bailar Kizomba ou contalo sen telo feito, o Cuarto Crecente transmite o teu signo a enerxía que necesitas para dar un xiro radical. Afástate das tensións.

  • XEMELGOS |: Moitas felicidades, agardate unha semana que vai ser coma unha festa coa Panorama e barra libre. Aproveita ata o día 21, estarás nun momento de gozo como se puideses convertir en ouro todo o que tocas, pero non lle toques o carallo a nadie xa que o Sol permanecerá no teu signo soamente ata o 21. Apoveita para conseguir os teus obxectivos porque tes todo o teu favor para triunfar. É o momento de ultimar asuntos pendentes para poder vivir relaxado e feliz. Concédete algún caprichiño, que ben sabes que o mereces, por exemplo un boneco reborn que inda que sexan frios agora ven o calor…


  • CARANGUEXO |: Estes días será unha sorte terte preto, a sorte vaite sorrir e todos van querer estar a tua beira como cando te chega de ali express ese sofá de masaxe. Gozarás da vida e farás felices aos que te rodean, polo menos de vez en cando poderán levar algo de ti. O 21, co solsticio de verán, o Sol ingresa no teu signo e comezas un período afortunado no que os teus soños máis anhelados poden facerse realidade, todos salvo que a tua ex parella, esa que te sigue a facer tilín volte contigo. Estarás aberto a vivir novas experiencias.

  • LEÓN |: Con Venus, o planeta do amor, no teu signo as túas paixóns están a lume vivo; vaste rir ti do dos xeles de pracer. Tes un poder de sedución que serás un anima en celo, vai ser todo tan especial e intenso que vas acaparar todas as miradas, pero home por dios… non te poñas a facelo na rúa que senon e lóxico que miren para vos... Os días 16 e 17 a Lúa transitará polo teu signo e serán días moi máxicos para ti; aproveita, mais lembra que quen ten maxia non precisa de trucos. Contactos profesionais interesantes.

  • VIRXE |: O Cuarto Crecente no teu signo, o día 20, impulsa e favorece os teus proxectos, pero no que te cortes o cabelo xa que te vai medrar moi rápido e vante montar un cristo… parecerá que te cortou o cabelo un deses que rapan ovellas (pobres ovellas) e trae a tua vida novos éxitos, pero non falo de Georgi Dann. Esta semana terás un protagonismo especial e podes cegar a alguén poderoso que te axude a acadar o que anhelas. Relacións fascinantes e moi sensuais te agardan.


  • BALANZA |: A tua serenidade vai mais aló de exabruptos cando gañas a partida de dominó no teleclú da aldea. Gozas de unha serenidade no teu interior que e a túa forma de enfrontarte aos problemas. As tuas experiencias pasadas son unha valiosa axuda para que a harmonía presida na túa vida. Coa enerxía lunar a tua creatividade está máis acentuada que nunca, pode ser un momento de crear algo coas tuas propias mans… agás que te de por facer inxertos de kiwi en alcolitros todo será maravilloso, polo que é o momento de comezar algo novo con moitas garantías de éxito.  Ingresos económicos inesperados de algunha débeda ou actvidade comercial non prevista, vas ter algún gasto a maiores do tipo mantemento da casa ou coche.

  • ESCORPIÓN |: Vas facer gala dun gran pulo, forza e carraxe para acadar as metas que te marcaches, ou mover os marcos que querías mover. Veñen cambios a tua vida profesional, un cammbio de posto, de xefe, compañeiros… algo así… cambios que suporán un gran avance e mellora para ti, incluso se o teu traballo e arrincar esterco das cortes dos porcos verás unha melloría. Días favorables para consolidar unha relación amorosa que parecía simplemente unha fuchicadela esporádica. O 22 a Lúa che pode conceder un desexo así que xa sabes! 


  • SAXITARIO |: Alerta cobra que hai moita vívora ou viborón! ten ollo estes días porque pode haber conflitos e discusións que alteren a túa vida. Viralle o cú os conflitos e busca esa paz interior que te da botar unha sesta despois dun cocido de tua nai sen anestesia. Deixa que se impoña o teu optimismo para suavizar o ambiente e dar un xiro positivo á situación. Se estás pendente dalgunha información ou resposta económica ou laboral, pode ser positiva. Aclara as túas dúbidas coa tua parella e fala mais con el. 

  • CAPRICORNIO |: As dúbidas e indecisións poden angustiarte estes días, podes axudarme a dar o sulfato as viñas se queres unha distracción que te axude a desconectar! pero o Cuarto Crecente  vaite revitalizar e contribuirá a que teñas esa estabilidade e equilibrio que ti necesitas para sentirte ben. Terás que valorar ben as tuas finanzas e gastos superfluos que ven ahí o verán, e os gastos con amigos… amighiños si pero a vaquiña polo que vale! vas ter un encontro con alguén a quen queres que te axudará a ver a vida con optimismo e entusiasmo. Despois verás a vida coma se nadaras na ambulancia!.

  • ACUARIO |:Tes por diante días de moito sexo, bo xantar e acontecementos marabillosos! Esa cadeira vai botar lume esta semana. O guerreiro planeta Marte segue transitando polo teu signo e terás unha enerxía e pulo tan irresistibles coma os de Galloso nunha despedida de solteira de mozas de mais de 60 anos… esta enerxia fará que te mostres incansable á hora de loitar con afouteza polas túas obxectivos. No amor, estarás moi persuasivo e sensual, e calquera iniciativa que tomes será un éxito, vai mercando o libro do Kamasutra e aceite de motor.

  • PEIXES  |: Aínda que tes por diante moita merda de traballo e responsabilidades, compromisos…, o Cuarto Crecente vaite a transmitir a forza que necesitas para enfrontarte a iso e moito mais, vas ser coma esa vella reumática que cando lle moven o marco e posuida pola forza de Son Goku. O amor vai ser apaixonado e vibrante, pero non poderás evitar que xurdan desencontros que te inquieten xa que estás xa a pemsar nas vacacións. Dialoga con calma coa tua parella ou cos teus fillos.

HORÓSCOPO GALEGO PREDICCIÓN SEMANAL

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor