Detalles contido
Lugar Ourense Organizador Red Localis Datas
| Día | Hora inicio | Hora fin |
|---|---|---|
| 21/06/2018 | 8:45 | 9:30 |
| 21/06/2018 | 9:00 | 16:00 |
| 22/06/2018 | 8:45 | 9:30 |
| 22/06/2018 | 9:00 | 16:00 |
Evento
Os próximos días 21 e 22 de xuño de 2018 celébrase o II Congreso da Rede Localis, organizado por Red Localis e o grupo de investigación GEN , único Congreso sobre o ámbito local, no que se darán cita expertos relatores do mundo académico e profesional, no que participarán representantes políticos e de medios de comunicación, relacionados co sector público local.
O tema central elixido para esta edición é “Presente e futuro dos servizos municipais: a dimensión óptima”, o Congreso consta de cinco paneis, que se completan con varias sesións paralelas onde se presentarán as comunicacións recibidas e aceptadas, e tamén haberá espazo para o networking, o intercambio de experiencias e a posta en común de problemas e solucións comúns ao ámbito local.
Durante dous días falarase de contratación, planta local, control financeiro, reforma do financiamento e a reutilización de datos ao servizo do interese público, para participar tan só é necesario inscribirse na seguinte ligazón:
Formulario inscrición: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScHV08ZNuvublUXEblvQ-1QXwYjl0kBOtjR1b2CICRtWEuPgQ/viewform
Para calquera aclaración, tanto no referido a cuestións organizativas como académicas, o contacto é infogen@uvigo.es.
