O Goberno de España lamenta o elevado número de vítimas nas inundacións de Nixeria

España recibiu con enorme pesar as noticias sobre as inundacións rexistradas nos últimos días ao longo dos ríos Níxer e Benue, en Nixeria, que provocaron un elevado número de vítimas mortais.

O Goberno de España expresa a súa proximidade cos familiares das vítimas, desexa unha pronta recuperación dos feridos e traslada ao pobo de Nixeria todo o seu apoio e solidariedade nestes difíciles momentos.

A embaixada de España e o consulado xeral en Lagos están en contacto coas autoridades locais para coñecer a situación da colectividade española co fin de prestar a asistencia que eventualmente se necesitase. Levanse contabilizado masi de 400 mortes dende xullo.

Autor

Por Xornal Galego

Xornal Galego, un xornal galego, en galego e para todo o mundo

Deixa unha resposta