Miguel Bosé vén de convocar unha manifestación en Arteixo contra as máscaras de Zara
Informa: José Sacristán de Coimbra | Xornal Galego, sección Chouchadas
O cantante Miguel Bosé vén de convocar unha manifestación na localidade galega de Arteixo contra Amancio Ortega. “Amancio Ortega non me gusta nada de nada… ten unha mirada escura; a min gústame a xente sinxela e cunha mirada clara e transparente”, afirmou o cantante de éxitos como Seré tu amante bandido e Nadie como tú me sabe facer café de pota.
Ante a inquedanza dalgúns dos organismos convocantes de que Miguel Bosé finalmente non asista, o representante do colectivo “Zara non existe, son os pais” afirmou a fontes deste xornal —a fonte do Camiño da Feira, a fonte dos Píos e a fonte da Capela— que Miguel Bosé confirmou que virá como sexa. “El avisoume de que tiña unha chea de roupa para botar a lavar e despois pasarlle o ferro, mais tentará estar si ou si”, afirmou Honorato Verga, presidente do devandito colectivo.
Seguiremos embrullando.
