Previsión Sanitaria Nacional (PSN) é un grupo de empresas cuxo presidente e Miguel Carrero. O obxectivo de PSN é dar un servizo integral aos profesionais universitarios e os seus colexios profesionais.
O Grupo “Correo Galego” recoñeceu a actividade de Miguel Carrerocoa distinción Galego do Ano, fundamentándose na súa “magnífica e apreciada carreira profesional na que destaca a procura constante da excelencia e o sentido de humanidade intachable”, traxectoria da que dedicou máis de dúas décadas á presidencia do Grupo PSN e á que agora se dedica en exclusividade.
Nacido en Santiago de Compostela o 22 de abril de 1941. Licenciado en Medicina e Cirurxía, especialista en Traumatoloxía e diplomado en Medicina Escolar e en Medicina de Empresa. Exerceu no Gran Hospital Real de Santiago e no Juan Canalejo, da Coruña. Accedeu ao Colexio de Médicos da Coruña como vogal de Médicos Novos e en Formación. Alcanzou a presidencia en 1986 e foi reelixido cinco veces, ata que a abandonou en 2007. É un dos membros fundadores de Unión Profesional de Galicia, que presidiu até 2008. Preside Previsión Sanitaria Nacional desde xullo de 1998. Foi presidente do padroado da Fundación Ad Qualitatem até 2011.
