Mortes por incendios, vespa velutina… Terrorismo ecolóxico?

Mortes por incendios, vespa velutina… Terrorismo ecolóxico?

Temos presenciado nos últimos tempos mortes que en número superan os actos de terrorismo en Europa. Andrea Fontán | Xornal Galego En base aos desastres e número de mortos en relación co medioambiente pola acción consciente e deliberada do home, e as consecuencias que iso ocasiona, facemos a seguintes valoracións sobre un terrorismo ecolóxico que

Temos presenciado nos últimos tempos mortes que en número superan os actos de terrorismo en Europa.

Andrea Fontán | Xornal Galego

En base aos desastres e número de mortos en relación co medioambiente pola acción consciente e deliberada do home, e as consecuencias que iso ocasiona, facemos a seguintes valoracións sobre un terrorismo ecolóxico que se está a cobrar cada vez mais vidas.

Estimase segundoa a ONU que os crimes contra o medioambiente moven cada ano 156.400 millóns de euros, segundo un informe conxunto da ONU e a Interpol, e están a axudar a financiar en moitos continentes as actividades de milicias e grupos terroristas.

Especialmente certo e este punto no continente africano, onde as milicias e grupos terroristas que operan no continente africano, están a obter entre 81 e 212 millóns de euros pola súa participación no negocio ilegal do carbón. Por outra banda, grupos ilegais dedicados ao tráfico de marfil en África central poderían estar a gañar entre 3 e 9 millóns de euros ao ano.

Segundo as estimacións da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE), a ONU e a Interpol, os crimes contra o medioambiente, que inclúen a explotación forestal, a caza furtiva e o tráfico de animais, a pesca, minaría ilegal e a vertedura de residuos tóxicos, xeran enormes beneficios cada ano. Por exemplo, a explotación forestal ilegal xera beneficios anuais equivalentes ao 30 % do comercio de madeira mundial. O negocio ilegal do carbón, pola súa banda, move en África central, oriental e occidental, unha cantidade superior ao tráfico de drogas na rexión.

Esta situación xera tamén enormes danos aos recursos naturais da zona, e neste sentido, na península ibérica, os catastróficos incendios forestais, á parte de destruír os citados recursos, provocan cuantiosos danos materiais, ademais de lamentablemente, perdas de vidas humanas. No caso de España, a agudización da aridez e a redución dos recursos hídricos, inflúen directamente no avance da desertificación, sendo unha consecuencia directa desta forma de terrorismo ambiental.

Estamos a asistir pois a un cambio de paradigma, onde o terrorismo ambiental está a adquirir unha relevancia cada vez maior por mor da letalidade das súas accións. Neste contexto, a adaptación das administracións á nova realidade vai impor unha maior necesidade de vixilancia e prevención, unha adaptación do ámbito legal e unha revisión dos protocolos de actuación coa utilización de tecnoloxías de última xeración. Mentres crece a concienciación, será necesario un esforzo internacional para reforzar as leis e combater esta ameaza á seguridade global.

A Obra Social a Caixa destinará 100.000 euros a investigacións sobre a Vespa Velutina. O estudo sobre a avespa velutina centrarase en coñecer novos métodos para o control e a redución dos efectos deste insecto na biodiversidade.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor