Nicolás Maduro é reelecto Presidente para o período 2019-2025

Nicolás Maduro é reelecto Presidente para o período 2019-2025

Nicolás Maduro é reelecto Presidente para o período 2019-2025 O candidato pola Fronte Ampla da Patria, Nicolás Maduro, resulto vencedor nos comicios presidenciais deste domingo con 5.823.728 votos, informou a presidenta do Consello Nacional Electoral (CNE), Tibisay Lucena. A esta hora podemos dicir que xa temos as tendencias irreversibles, en primeiro lugar queremos agradecer a

Nicolás Maduro é reelecto Presidente para o período 2019-2025
O candidato pola Fronte Ampla da Patria, Nicolás Maduro, resulto vencedor nos comicios presidenciais deste domingo con 5.823.728 votos, informou a presidenta do Consello Nacional Electoral (CNE), Tibisay Lucena.

A esta hora podemos dicir que xa temos as tendencias irreversibles, en primeiro lugar queremos agradecer a todo o persoal do CNE que traballou incansablemente para facer posible este día, Á forza Armada Nacional Bolivariana, moitísimas grazas, pero en especial moitas grazas ao pobo de Venezuela, expresou Lucena.

En rolda de prensa desde a sede do ente comicial, destacou que ?o proceso electoral transcorreu con gran tranquilidade e civismo. Así que pedimos a todos e todas nacionais e internacionais que respecten os resultados electorais. Venezuela decidiu e decidiu en paz o futuro deste país?.

A Reitora dixo que a Participación foi 46%, para un ntotal de 8 millóns 603 mil 936 votos válidos. Os resultados foron os seguintes:

Nicolás Maduro: 5 millóns 823 mil728 votos

Henri Falcón: 1 millón 820.552

Javier Bertucci: 925.042 votos

Triunfaron a paz e a democracia nesta xornada histórica da Patria. Celebramos xunto ao Pobo este novo comezo para conducir a Patria cara á prosperidade definitiva. Sigamos xuntos librando as novas batallas!, dixo o Xefe de Estado reelecto desde as súas redes sociais.

T: Olys Guárate

F: Arquivo

P: Olys Guárate

COMUNICADO EMITIDO POR: Consulado General de la República Bolivariana de Venezuela en Vigo

C/Velázquez Moreno Nº3. C.P.: 36201 – Vigo, Pontevedra – Tlfns: (34) 986 434 622  – Fax: (34) 986 435 629

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor