O BNG convoca unha concentración polo pazo de Meirás o día 25

O BNG convoca unha concentración polo pazo de Meirás o día 25

Nota de prensa: BNG Como xa sabedes, o 30 de agosto de 2017 un grupo de militantes nacionalistas realizaron unha acción simbólica sorpresa no pazo de Meirás. A intención foi a de darlle dimensión nacional e internacional ao escándalo que supón que, aínda a estas alturas, a familia Franco siga a manter uns privilexios que retratan

Nota de prensa: BNG

Como xa sabedes, o 30 de agosto de 2017 un grupo de militantes nacionalistas realizaron unha acción simbólica sorpresa no pazo de Meirás. A intención foi a de darlle dimensión nacional e internacional ao escándalo que supón que, aínda a estas alturas, a familia Franco siga a manter uns privilexios que retratan tamén a calidade democrática do Estado que padecemos.

Porén, a querela criminal interposta pola familia do ditador, á que se sumou a Fundación Nacional Francisco Franco, acusa a 19 militantes de diversos delitos pola realización desta acción, que poderían chegar até os 13 anos de prisión para cada unha das persoas denunciadas, alén dunha multa nunha cantidade indeterminada. Colectivamente poderíanse sumar até 247 anos de prisión e por volta de medio millón de euros de multa.

Animamos a participar na concentración convocada para o vindeiro xoves, 25 de outubro, ás 11:30 horas diante do xulgado de Betanzos, coincidente coa declaración no xulgado de 14 das 19 persoas encausadas.

Animamos tamén a expresar a túa solidariedade, individualmente, asinando na web específicahttps://19demeiras.wordpress.com/19-de-meiras-solidariedade-gl/

Sentímonos orgullos@s d@s nos@s compañeir@s, e seguimos a manter que o pazo é do pobo galego. Franquismo Nunca Máis.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor