A finalidade do deporte infantil entre outras moitas cousas é a maduración do sistema musculoesquelético do neno para minimizar ou previr alteracións estruturais Sobre os deportes máis adecuados para nenos de 3 a 12 anos, o noso colaborador Jose Antonio Sánchez que traballou durante cinco anos nos servizos médicos do R.C. Celta de Vigo considera
A finalidade do deporte infantil entre outras moitas cousas é a maduración do sistema musculoesquelético do neno para minimizar ou previr alteracións estruturais
Sobre os deportes máis adecuados para nenos de 3 a 12 anos, o noso colaborador Jose Antonio Sánchez que traballou durante cinco anos nos servizos médicos do R.C. Celta de Vigo considera que é importante para os nenos tanto para a mente como para o corpo levar a cabo actividades físicas en xeral, a parte de que o deporte ben levado axuda a ter mais disciplina e percepción de esforzo, para os nenos máis aló de deportes concretos recomendamos, aquelas actividades físicas que favorezan o desenvolvemento motor normal do neno, e sempre coa premisa de que o neno debe pasalo ben e non competir necesariamente.
O obxectivo do deporte infantil é a maduración do sistema musculo esquelético para minimizar ou previr alteracións estruturais como o pé plano valgo, varo ou as alteracións na pelvis ou na columna vertebral dos nenos… pero o importante e que o pasen ben e canalicen esa práctica do xeito adecuado
Os deportes no medio acuático, deben ser un dos deportes de elección porque son moi completos, deportes como a natación, teñen a finalidade de evitar posibles hábitos posturales incorrectos que debiliten as costas dos nenos. A natación e un dos deportes infantiles mais recomendables, a natación a unha idade temperá pode corrixir ou previr posibles problemas posturales como escoliose ou hipercifose,o tenis por exemplo promove o traballo do aspecto máis psicolóxico, asi como axuda a problemas de vista. Con todo, o deporte da raqueta ten o inconveniente de desenvolver fundamentalmente só un lado do corpo, e iso a nivel muscular pode ser un problema. Non é recomendable que os nenos practiquen intensivamente deportes que desenvolvan máis un lado do corpo que o outro, pero con un bo plantexamento poderemos previr estes problemas.
DEPORTES MAIS RECOMENDABLES PARA NENOS DE 3 A 12 ANOS
- A natación. É un dos máis completos. Ten a vantaxe de poder empezar a unha idade moi temperá (3 anos ou antes). Existen programas escolares para tal fin que están moi ben de prezo. Trabállanse aspectos importantes como a coordinación, resistencia, disciplina ou a relación con outros compañeiros. Ademais, pode corrixir ou previr posibles problemas posturais como escoliosis ou hipercifosis.
- Deportes grupales. Melloran moitos aspectos tamen psicoloxicos, recomendable a partir de 6-7 anos pódese empezar con deportes completos como baloncesto ou voleibol. Exercítanse membros inferiores e superiores, polo que se require e desenvólvese unha boa coordinación e equilibrio e favorécese o espírito de equipo e o traballo en grupo.
- Artes marciais. Deporte que se pode realizar tamén a idades temperás (a partir de 4-5 anos), moi beneficioso para a coordinación, a disciplina, a autoestima e a relación con outros nenos.
- Ciclismo. Recoméndase a práctica a partir dos 6 anos. Incrementa a axilidade, coordinación, resistencia e reforza a autoestima. Debemos valorar os perigos das estradas e das poucas zonas habilitadas
- Atletismo. É un deporte completo que pode incluír carreiras, saltos ou lanzamentos. Segundo practíquese un ou outro a idade de iniciación pode variar. Ten similitudes co ciclismo, xa que tamén favorece a coordinación e a resistencia.
As actividades deportivas en nenos estimulan habilidades físicas, sociais e psicolóxicas para o desenvolvemento psicomotor posto que melloran a coordinación, a resistencia, a interaccion conn outros nenos, combaten a obesidade, aumentan a autoestima…
Leave a Comment
You must be logged in to post a comment.