O Porriño amence con preocupación pola situación dunha veciña nunha misión humanitaria rumbo a Gaza
O Concello do Porriño viviu hoxe unha xornada de inquietude tras coñecerse que unha veciña da localidade, Ana Fuentes, profesional sanitaria con máis de 35 anos de experiencia, viaxaba nunha misión humanitaria con destino a Gaza cando a flotilla na que se desprazaba foi interceptada en augas internacionais.
A situación xerou alarma entre familiares, compañeiros e veciñanza, xa que non se trata dun asunto político, senón dunha operación estritamente humanitaria: persoas que transportan alimentos, medicinas e apoio esencial para a poboación civil.
Segundo a información dispoñible, Ana Fuentes e o resto de profesionais galegos atópanse a salvo en Grecia, onde foron trasladados tras o incidente. Porén, 175 persoas permanecen detidas, entre elas varias cidadás e cidadáns do Estado español.

