VÍDEO: Feministas derraman lixivia na rexión inguinal de homes que se abren de pernas no metro A iniciativa pretende contrarrestar o hábito do ‘manspreading’ en Rusia. Falase de se pode ser unha montaxe ou non, pero destaca a reacción especialmente pacifica de todolos homes. Anna Dovgaliuk, activista de San Petersburgo (Rusia), lanzou este 25 de
VÍDEO: Feministas derraman lixivia na rexión inguinal de homes que se abren de pernas no metro
A iniciativa pretende contrarrestar o hábito do ‘manspreading’ en Rusia. Falase de se pode ser unha montaxe ou non, pero destaca a reacción especialmente pacifica de todolos homes.
Anna Dovgaliuk, activista de San Petersburgo (Rusia), lanzou este 25 de setembro un videomanifiesto dedicado á loita contra o ‘manspreading’, o costume dalgúns homes, ao sentar no transporte público, de abrir as pernas até o punto de ocupar o espazo doutro pasaxeiro. Dovgaliuk afirma que as feministas loitan contra ese hábito en moitos países, pero que en Rusia até o momento o problema non foi discutido en público.
“É extremadamente importante para min chamar a atención das persoas cara a este tema, para provocar unha discusión e, en consecuencia, a creación de normas lexislativas que penalicen o ‘manspreading’, porque se trata dunha falta de respecto público cara ás mulleres e nenos e é unha vergoña para a sociedade”, dixo.
Leave a Comment
You must be logged in to post a comment.