Xornada de corresponsabilidade parental no cese da convivencia da parella

Xornada de corresponsabilidade parental no cese da convivencia da parella

”A corresponsabilidade parental no cese da convivencia da parella”   Contidos da xornada a celebrarse o martes 23 de outubro de 2018 na Escola Galega de Administración Pública EGAP, Santiago de Compostela   Mesas de debate que se articularían cunha presentación e introdución do moderador de 5’, intervencións de 15’ dos convidados e un tempo

A corresponsabilidade parental no cese da convivencia da parella

 

Contidos da xornada a celebrarse o martes 23 de outubro de 2018 na Escola Galega de Administración Pública EGAP, Santiago de Compostela

 

Mesas de debate que se articularían cunha presentación e introdución do moderador de 5’, intervencións de 15’ dos convidados e un tempo de charla aberta co público de 45’:

 

  • Repercusións psicoemocionais, escolares e de saúde nos nenos e nos adolescentes a causa da ruptura da parella. Factores de protección e reforzo.
    • José Mª Martinón Sánchez, Catedrático de Pediatría, Xefe de Pediatría do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
    • Mª Jesús Mardomingo Sanz, Psiquiatra do Neno, a Nena e o Adolescente (Madrid).
    • Mª Dolores Seijo Martínez, profesora titular de psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
    • Moderadora: María Rosario Capelo Casas, traballadora social do Gabinete de Orientación Familiar GOF de A Coruña.

 

  • A aplicación da xurisprudencia do Tribunal Supremo sobre procesos de separación nos xulgados de familia, xulgados de primeira instancia e audiencias provinciais.
    • Miguel Angel Cadenas Sobreira, Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
    • Margarita Pérez-Salazar Resano, Maxistrada do Xulgado de Violencia sobre a Muller nº1 de Pamplona.
    • Marta Alonso Mosqueira, Fiscal de Familia de Pontevedra.
    • Moderadora: Mª Carmen Pereira Pardo, avogada de AEAFA (A Coruña).

 

 

 

  • O papel da Fiscalía na consolidación e desenvolvemento dunha xustiza terapéutica: instrumentos de intervención no conflito familiar.
    • Fernando Suanzes Pérez, Fiscal Superior de Galicia.
    • Raquel Alastruey Gracia, Maxistrada da Audiencia Provincial de Barcelona.
    • Francisca Fariña Rivera, Catedrática de Psicoloxía Xurídica do Menor da Universidade de Vigo.
    • Moderador: Justo Sáez Iñiguez, ex-presidente e coordinador de proxectos “Corresponsabilidade e Orientación Parental” de Kidetza (País Vasco), presidente de CONPAPAYMAMA.

 

  • A experiencia nos xulgados de familia da aplicación dos instrumentos existentes nos procesos de ruptura de parella e as necesidades detectadas: A figura do coordinador parental.
    • Juan Carlos Aladro Fernández, Fiscal Xefe de Pontevedra.
    • José Luis Seoane Spilberg, Maxistrado, Presidente da Audiencia Provincial de A Coruña.
    • Marta Rivas García, psicóloga do IMELGA (Pontevedra).
    • Moderadora: Montserrat Lombardía Fernández, educadora infantil, membro da AGPNS.

 

A axenda da xornada organizarase con actos de apertura e peche, dúas mesas á mañá e dúas á tarde, con cadanseus descansos de 15’ entre a primeira e segunda mesa (cada mesa tería unha duración aproximada de 95’):

 

HORARIOS NON DEFINITIVOS
  • Apertura: 9;30h
  • mañá
    • 1ªmesa 10:00h a 11:45h
    • Descanso
    • 2ªmesa 12:00h a 13:45h

 

– Comida –

 

  • Tarde
    • 3ªmesa 16:00h a 17:45h
    • Descanso
    • 4ºmesa 18:00h a 19:45h
  • Peche: 20:00h

 

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Latest Posts

Top Authors

Most Commented

Featured Videos