O Tio Marcos d'a PortelaO Tio Marcos d'a Portela

Ourense celebra os 150 anos do primeiro xornal en galego: “O Tio Marcos d’a Portela”

A provincia lembrará ao precursor da prensa en galego cunha programación que se estenderá desde febreiro ata novembro de 2026

OURENSE — O ano 2026 será un ano culturalmente intenso para a provincia de Ourense. Ademais do Ano Oteriano, tamén se conmemorará o 150 aniversario da publicación do xornal “O Tio Marcos d’a Portela”, un medio impulsado por Valentín Lamas Carvajal que está considerado o precursor da prensa escrita en lingua galega. Accede a xornal nesta ligazón: Acceso o xornal

A primeira edición deste periódico, de periodicidade quincenal, viu a luz o 7 de febreiro de 1876. Coincidindo con esa data, darán comezo os actos conmemorativos, que se prolongarán ata o mes de novembro.

Actividades para o día 7 de febreiro

A xornada inaugural incluirá un roteiro polo Ourense de Lamas Carvajal, que percorrerá dez lugares emblemáticos da cidade. O itinerario partirá do cemiterio de San Francisco e rematará no Liceo de Ourense.

Ao remate do percorrido, os asistentes poderán gozar dun concerto a cargo da coral De Ruada e participar nun xantar. As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse previamente, antes do 3 de febreiro, a través do correo electrónico liceodeourense@hotmail.com ou do teléfono 988 220 650.

Unha figura clave para a lingua

Valentín Lamas Carvajal foi un escritor, xornalista e político ourensán, defensor do galeguismo e da cultura popular. Con “O Tio Marcos d’a Portela”, que el mesmo dirixiu, sentou as bases do xornalismo en galego nun momento histórico no que a lingua maioritaria do pobo apenas tiña presenza na prensa escrita.

A conmemoración do 150 aniversario busca non só lembrar aquela fazaña editorial, senón tamén poñer en valor o papel dos medios de comunicación na normalización e na defensa da lingua galega ao longo da historia.

Autor

Por Xornal Galego

Xornal Galego, un xornal galego, en galego e para todo o mundo

Deixa unha resposta