18 bebés dunha mesma zona de Francia nacen sen un brazo ou unha man

18 bebés dunha mesma zona de Francia nacen sen un brazo ou unha man

As autoridades francesas lanzan unha investigación nacional tras aumentar a 18 os casos sospeitosos de bebés con agenesia. Nos últimos días elevouse a 18 o número de bebes nacidos entre o 2000 e o 2014 aos que lles falta algunha extremidade superior Nas últimas semanas, e segundo recolle El País e a web Consalud, as

As autoridades francesas lanzan unha investigación nacional tras aumentar a 18 os casos sospeitosos de bebés con agenesia. Nos últimos días elevouse a 18 o número de bebes nacidos entre o 2000 e o 2014 aos que lles falta algunha extremidade superior

Nas últimas semanas, e segundo recolle El País e a web Consalud, as autoridades francesas están a investigar 18 casos de bebes que naceron entre o ano 2000 e o 2014 aos que lles falta un brazo, o antebrazo ou unha man.

O goberno francés ten prometido aos seus cidadáns a maior transparencia posible xa que “toda Francia quere saber o que está a pasar”. “Non podemos contentarnos con dicir que non atopamos unha causa”, afirmou a ministra de Saúde, Agnès Buzy, en declaracións á emisora BFM TV.

Agnès Buzy, asegurou que pode tratarse dun factor ambiental, que estea vinculado ao que comeron as nais dos nenos afectados durante o embarazo, ou a algo “que respiraron”.

Nos últimos días elevouse a 18 o número de bebes nacidos entre o 2000 e o 2014 aos que lles falta algunha extremidade superior na zona de Ain. Con todo, a especialista que descubriu o caso foi acusada pola comunidade científica de alarmista e dimitiu do seu posto.

 

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor