4 anos de prisión por furar os preservativos que empregaba

4 anos de prisión por furar os preservativos que empregaba

Un home da cidade inglesa de Worcester foi condenado a catro anos de prisión por violación despois de que se descubrise que fixo en segredo un buraco nun preservativo e usouno durante o sexo coa súa parella, informan medios locais. Os feitos remóntanse ao 10 de marzo de 2018, cando a parella de Andrew Lewis,

Un home da cidade inglesa de Worcester foi condenado a catro anos de prisión por violación despois de que se descubrise que fixo en segredo un buraco nun preservativo e usouno durante o sexo coa súa parella, informan medios locais.

Os feitos remóntanse ao 10 de marzo de 2018, cando a parella de Andrew Lewis, de 47 anos, atopou un alfinete e condóns picados nun caixón da mesita de noite despois de ter sexo con el. Tras buscar o preservativo usado entre o lixo, viu que tamén tiña un buraco. A muller cualificou o suceso de “pura maldade”.

O acusado “dixo á Policía que esperaba que o condón rompese e que iso melloraría as relacións íntimas”, admitindo que a súa acción “foi a cousa máis estúpida que xamais fixera”, sinalou o fiscal do caso. Ao mesmo tempo, a avogada defensora do home afirmou que non planeaba deixar embarazada á súa parella, senón que esta usase outro tipo de anticonceptivo.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor