Queixa presentada diante da Valedora do Pobo pola Asociación Galega de Pais
e Nais Separados denunciando a escaseza de recursos e procedementos a
disposición dos xulgados que tratan de cuestións de familia

 

A AGPNS tenlle trasladado ao longo dos anos ás institucións galegas a
existencia reiterada de déficits institucionais cuxas consecuencias quedan
normalmente ocultas no ámbito privado. Porén, constatamos a insuficiencia de
medidas adoptadas e o continuo de casos afectados. Por iso, formulamos
queixa contra a Xunta de Galicia e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
con motivo da escaseza de recursos humanos e materiais, xunto cos protocolos
de actuación necesarios, que resulten nunha atención efectiva das
necesidades dos/as menores cando se precisan avaliacións e intervencións
psico-sociais en familias con situacións conflitivas

 

A Asociación Galega de Pais e Nais Separados presentou este mércores 2 de
novembro de 2022 o correspondente escrito de queixa, onde lle testemuñamos á
Valedora a relevancia social da axeitada resolución dos procesos de
separación de parella conflitivos e lle solicitamos que interese á
Administración da Xunta de Galicia e ás autoridades xudiciais as causas de
tal dilación. Asemade, que inste a que se doten os recursos humanos e
materiais necesarios que resulten nunha atención efectiva das necesidades
dos/as menores, con un tempo de resposta acorde coas súas idades e
circunstancias, evitando novas situacións de desamparo.

 

Solicitámoslle, así mesmo, unha entrevista para poder examinar as
posibilidades de actuación ao respecto da problemática descrita.

Autor

Por Xornal Galego

Xornal Galego, un xornal galego, en galego e para todo o mundo

Deixa unha resposta