ORISHAS EVERYDAY A banda cubana estrea hoxe o seu novo videoclip, protagonizado pola actriz Ana de Armas O mellor sabor cubano tráecho Orishas! A banda presenta hoxe o seu novo videoclip, Everyday. O filme está protagonizado pola actriz cubana Ana de Armas, que quixo participar no esperado regreso de Orishas. O seu novo álbum,
ORISHAS EVERYDAY
A banda cubana estrea hoxe o seu novo videoclip, protagonizado pola actriz Ana de Armas
O mellor sabor cubano tráecho Orishas! A banda presenta hoxe o seu novo videoclip, Everyday. O filme está protagonizado pola actriz cubana Ana de Armas, que quixo participar no esperado regreso de Orishas. O seu novo álbum, Gourmet, chega tras dez anos de silencio.
Faime moita ilusión porque eu crecín escoitando a Orishas, afirmou Ana de Armas. O videoclip, dirixido por Pedro Vazquez e o propio Yotuel, rodouse en San Felipe, (Cuba) e é toda unha homenaxe á terra que viu nacer a unha das bandas cubanas máis representativas do underground latino.
E é que a música de Orishas e o seu amor por Cuba sempre traspasou fronteiras. Hai poucos días, Carlos Lazo, un profesor cubano que imparte clases de español en Washington, gravaba unha divertida clase na que motivaba aos seus estudantes cantando Cuba Illa Bela. O vídeo xa é un fenómeno viral en redes sociais:
Orishas presentou este novo traballo en formato dixital o pasado 25 de maio. Este é o sexto álbum de estudo da banda. Un disco que, non accidentalmente, recibe o nome de ?Gourmet?: unha mestura de melodías que se fusionan como o mellor dos menús.
O cociñeiro internacional José Andrés, elixido como unha das 100 persoas máis influentes do planeta pola revista Time, define así este novo traballo: Esta é unha música que une a diferentes continentes. Orishas regálanos unha música épica na que esperas que a canción non acabe, que che inspira recordos coa xente que queres?.
Pica na portada para gozar de Gourmet
Este disco vira sobre o concepto dunha gastronomía de calidade, de raíz, aquela que che traslada e nunca desexas que acabe, como unha boa canción. Toda unha declaración de intencións dunha banda que se rodeou de colaboracións excepcionais neste novo traballo. Chucho Valdez, Beatriz Luengo, Franco de Vita, Melendi, Silvestre Dangond, Madcon, Jacob Forever ou Yomil e Dani completan un álbum que fusiona o hip hop con deliciosas melodías latinas.
Gourmet xa está dispoñible en todas as plataformas dixitais á espera do seu lanzamento físico, que se anunciará próximamente.
Leave a Comment
You must be logged in to post a comment.