Dende APE Galicia convidámoste a participar na xornada formativa online “Riscos Psicosociais no Traballo e o Acoso Laboral”.
Unha sesión práctica e informativa dirixida a autónomos, pemes e persoas traballadoras interesadas en promover contornas laborais máis saudables e respectuosas.
Data: 3 de xuño
Formato: Online en directo a través de Zoom
Inscricións: apegalicia.gal
Durante a xornada abordarase:
Que son os riscos psicosociais no traballo e como afectan á saúde e ao rendemento.
Estratexias para crear contornas laborais saudables e mellorar o benestar.
O acoso laboral: identificación, consecuencias e prevención.
Marco legal, protocolos de actuación e boas prácticas na empresa.
Unha oportunidade para coñecer ferramentas e recursos que axuden a previr situacións de risco e fomentar ambientes de traballo máis seguros e positivos.
Agardamos contar coa túa participación.
