A Deputación de Pontevedra oferta 166 obradoiros do programa Depo en marcha

A Deputación de Pontevedra oferta 166 obradoiros do programa Depo en marcha

A Deputación de Pontevedra oferta este ano 166 obradoiros do programa Depo en marcha. En total, a Deputación de Pontevedra promove, no 2018, 15 actividades máis que o ano pasado para o envellecemento activo das persoas maiores da provincia 26/06/2018|Deputación de Pontevedra A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar a segunda

A Deputación de Pontevedra oferta este ano 166 obradoiros do programa Depo en marcha.

En total, a Deputación de Pontevedra promove, no 2018, 15 actividades máis que o ano pasado para o envellecemento activo das persoas maiores da provincia

26/06/2018|Deputación de Pontevedra

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar a segunda adxudicación de obradoiros do programa “Depo en marcha” que oferta ata 166 actividades durante o ano 2018. Ata o momento tíñanse xa aprobadas 100 accións formativas que, coa adxudicación das 66 aprobadas na Xunta de Goberno, completa o programa dirixido ás persoas maiores da provincia.

“Depo en marcha” oferta obradoiros dirixidos a entidades de persoas maiores, pensionistas, prexubiladas ou xubiladas, así como a outras entidades sociais da provincia. Os principais obxectivos do programa son favorecer o envellecemento activo, optimizar as oportunidades de saúde, promover a participación e a seguridade para mellorar a calidade de vida, establecer relacións sociais e optimizar o estado anímico, potenciar movementos de participación, promover espazos de encontro e intercambio de experiencias e favorecer a independencia das persoas maiores para evitar o illamento e situacións de soidade.

O programa, que este ano será xestionado pola empresa Formagal Formación e Servizos e conta cun orzamento de 120.000 euros, beneficiará ata a 166 entidades da provincia de Pontevedra a través de obradoiros englobados en oito áreas: “Traballando coas mans”, “Entre fogóns”, “Aprendendo da natureza”, “Móvete”, “Activando corpo e mente”, “Enredando”, “Dálle marcha” e “En rede”.

O ano pasado participaron en “Depo en marcha” preto de 3.000 persoas da provincia de Pontevedra

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor