A resiliencia da microbiota non abrangue a toda a microbiota

A resiliencia da microbiota non abrangue a toda a microbiota

Mediante un estudo dirixido polo CSIC, a resiliencia da microbiota non abrangue a sua totalidade de cepas. Identifícase neste estudo realizado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) as bacterias máis sensibles do corpo humano, da nosa microbiota (o conxunto de microorganismos que están aloxados en diversas partes do noso corpo). Un estudo de ámbito

Mediante un estudo dirixido polo CSIC, a resiliencia da microbiota non abrangue a sua totalidade de cepas.

Identifícase neste estudo realizado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) as bacterias máis sensibles do corpo humano, da nosa microbiota (o conxunto de microorganismos que están aloxados en diversas partes do noso corpo).

Un estudo de ámbito internacional do citado CSIC confirmou que 10 dos mais de 5.000 xéneros bacterianos que están presentes no noso organismo vense moi influenciados polas enfermidades e os medicamentos.

No devandito estudo de ámbito internacional e dirixido polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), revisáronse todas as publicacións, realizouse unha meta-análise coas publicación científicas realizadas ata a data, tiveronse en conta os estudos e publicacións sobre a estabilidade ou resiliencia da microbiota, cabe subliñar que estes microorganismos supoñonen un porcentaxe de 10 a 1 en relación as celulas do noso corpo; e dicir por cada celula temos 10 microorganismos. A isto chamámolo microbiota ou microbioma humano: o conxunto de bacterias presentes no corpo humano e cuxo equilibrio resulta clave para o bo mantemento da saúde, entendendo saúde na sua extensión fisica e mental, xa que a evidencia entre a conexión do eixo intestino – cerebro ou cerebro – intestino e innegable.

Aínda que falar de 10 bacterias de entre mais de 5.000 xéneros non pareza un número moi elevado, cabe facer fincapé en que estas 10 bacterias, entre as que se atopan a Enterococcus, a Faecalibacterium ou a Escherichia, teñen un efecto perfectamente documentado e demostrado que resulta moi beneficioso para a nosa completa saúde tanto física como mental; inda que pareza redundante este matiz.

As bacterias Lactobacillus ou Bifidobacterium, presentes nalgúns probióticos de calidade elaborados para asegurar o correcto equilibrio da flora intestinal.

Este estudo revelase importante xa que axudará a previr ou cando menos preveer  mellor as hipotéticas disbioses por non falar xa das psicodisbioses… Estas alteracións a cotío son ocasionadas polas enfermidades ou medicamentos, especialmente os antibióticos. Este estudo permitirá establecer outras estratexias para previr complicacións relacionadas cun desequilibrio na microbiota.

Autor

1 comment
Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

1 Comment

Autor