Ana pontón vai copresentar o “Luar” para sair na TVG

Ana pontón vai copresentar o “Luar” para sair na TVG

¡Non deixan de xurdir novidades no esceario político galego! Ana Pontón, unha rapaza do BNG que foi candidata a presidencia da xunta de Galicia vai ser copresentadora do maior exponente da cultura galega! Non, non falamos do mausoleo de Fraga, senon do espazo televisivo Luar. A tal Ana Pontón da cal non temos imaxes, nin

¡Non deixan de xurdir novidades no esceario político galego! Ana Pontón, unha rapaza do BNG que foi candidata a presidencia da xunta de Galicia vai ser copresentadora do maior exponente da cultura galega! Non, non falamos do mausoleo de Fraga, senon do espazo televisivo Luar.

A tal Ana Pontón da cal non temos imaxes, nin recursos audiovisuais na TVG gañou o concurso “Copresenta con Galloso” e declarou a Manolito de Indalecia que “e unha oportunidade de falar dos problemas reais da Galiza co público e sobor de tudo de aparecer na TVG” , “e ben certo que durante a época de eleccións vai ser Feijoo o que copresente o Luar, mais cando menos algo e mellor ca nada, se cadra entre cancións de Andy e Lucas e La Panoja, algune se fixe en min para futura presidenta”.

Os espazos informativos da TVG non van informar de dito acontecemento posto que farán un especial sobre unha vaca que naceu dous dias antes de prazo.

Galloso non quixo facer declaracións xa que segundo el “o concurso puido ter sido amañado coma cando ó Chiquilicuatre foi a Eurovisión”.

Seguiremos embrullando a medida que avancen os días!

 

Xornal Galego!

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor