Segundo un recente estudio as bacterias intestinais afectan o tamaño da nosa cintura Descobren que as sustancias químicas secretadas polos microorganismos que temos na nosa microbiota inflúen na deposición e acumulación da graxa abdominal. Esas sustancias cando producen beneficio denominanse postbioticos coma no caso do ácido butírico o ácido butírico é un ácido monocarboxílico, saturado, de
Segundo un recente estudio as bacterias intestinais afectan o tamaño da nosa cintura
Descobren que as sustancias químicas secretadas polos microorganismos que temos na nosa microbiota inflúen na deposición e acumulación da graxa abdominal. Esas sustancias cando producen beneficio denominanse postbioticos coma no caso do ácido butírico o ácido butírico é un ácido monocarboxílico, saturado, de cadena corta con catro átomos de carbono. Con este estudio vense a falar de exactamente o contrario a un beneficio, a análise das sustancias químicas secretadas polos microorganismos intestinais revela neste caso que afecta o almacenamento de graxa abdominal. No caso por exemplo do ácido butírico estase xa a empregar coma un complemento alimenticio fundamental para a célula intestinal e o mantemento da integridade da parede gastrointestinal.
Investigadores do King’s College de Londres demostraron a implicación destes microorganismos no metabolismo e acumulación de lípidos, sobre todo na zona abdominal, así pois as tapiñas do bar poden ser mais ben as bacterias das tapiñas do bar…
Cristina Menni no seu traballo publicado recentemente na revista Nature Genetics, analiza mostras fecais de 393 parellas de xemelgos, en total estamos a falar dun estudio realizado cun total de 786 individuos, residentes en Reino Unido. Os metabolitos, secretados polas bacterias do tracto dixestivo constituiron o campo de estudo; este estudo proporciona información sobre a interacción entre o organismo anfitrión, a dieta e os microbios que compoñen a nosa microbiota.
Segundo os resultados obtidos por Cristina Menni, ao redor do 10 por cento das 1116 sustancias químicas detectadas relaciónase coa acumulación de graxa visceral, un indicador da obesidade abdominal, a correlación entre obesidade e actividade bacteriana non se observou en todos os grupos de irmáns. Debemos valorar sempre outros moitos factores coma a existencia de factores xenéticos ou ambientais. Estes científicos acharon que a xenética só afecta pola sua banda a unha quinta parte dos procesos metabólicos do intestino. En cambio, segundo o estudo as causas ambientais inflúen sobre o 68 por cento. O que está claro e que certas sustancias liberadas por certos microorganismos poden ser bos (postbióticos) ou simplemente pernis¡ciosas en maior ou menor medida.
Referencia: «The fecal metabolome as a functional readout of the gut microbiome», de J. Zierer et ao. en Nature Genetics, publicado o 28 de maio de 2018.
Jose Antonio Sánchez Colaborador na sección Saúde Natural: Naturópata e Quiromasaxista. Menbra da sociedade española de probióticos e prebióticos, traballou durante 5 anos nos servizos médicos do R.C. Celta de Vigo, investigador en Healthy Help Corporation e director de Escola Europea Parasanitaria ESPS, autor de diversos libros de saúde natural.
Leave a Comment
You must be logged in to post a comment.