As vespas velutinas favorecen a neuroaprendizaxe de idiomas

As vespas velutinas favorecen a neuroaprendizaxe de idiomas

A continua tarefa mental de lembrar o nome das vespas velutinas favorece a neuroaprendizaxe e plasticidade cerebral segundo un estudo da Universidade de Cambre Laura Garrido para a Sección Chouchadas | Xornal Galego 05/10/2018 Segundo o profesor Manolo Veletas o continuo esforzo dos galegos por chamarlle as vespas asiaticas polo seu nome correcto, fixo que

A continua tarefa mental de lembrar o nome das vespas velutinas favorece a neuroaprendizaxe e plasticidade cerebral segundo un estudo da Universidade de Cambre

Laura Garrido para a Sección Chouchadas | Xornal Galego

05/10/2018

Segundo o profesor Manolo Veletas o continuo esforzo dos galegos por chamarlle as vespas asiaticas polo seu nome correcto, fixo que a plasticidade cerebral mellorase e lles facilitase a aprendizaxe de linguas estranxeiras. “para este estudo escollemos a 1.000 galegos e galegas de 60 anos de idade e os datos foron incribles” “o resultado mais espectacular obtivemolo cunha muller de orixe castelán que despois de varias veces dicindo en alto vespa velutina foi quen de dicir a primeira e sen tatexar Sanxenxo”.

“Tamén e de destacar un paciente o cal lle collín moito cariño Manolo dos Trocles que despois de dous días foi capaz de citar o nome de todo o equipo do Estrela Vermella que gañou a copa de europa na decada dos anos 90″ comenta emocionado científico. “O momento mais emocionante do estudo foi cando mirou para min e dixo ben Prosinecky a primeira, viñeronme as lagrimas”.

A medida que teñamos máis datos iremos informando

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Latest Posts

Top Authors

Most Commented

Featured Videos

error: O contido de Xornal Galego está protexido