Aznar “O Covid non ten nin media ostia”

Aznar “O Covid non ten nin media ostia”

Xose Maria Aznar afirmou ante os medios de comunicación que “O covid ese de merda non ten nin media ostia” Informa: Ana Garrafa | Xornalista da sección chouchadas Xose María Aznar, Pep Mari para os seus amigos da Catalonia, ven de declarar ante o cómite de sabios de Ardebullo que “O covid ese de merda

Xose Maria Aznar afirmou ante os medios de comunicación que “O covid ese de merda non ten nin media ostia”

Informa: Ana Garrafa | Xornalista da sección chouchadas

Xose María Aznar, Pep Mari para os seus amigos da Catalonia, ven de declarar ante o cómite de sabios de Ardebullo que “O covid ese de merda non ten nin media ostia se o collo eu co meu “six pack” lo reviento”.

Ante estas declaracións o Ministerio de Sanidade ven de alertar: “temos que tomar moi en serio o virus” ante o cal Aznar rebatiu “quen me vai dicir a min a cantidade de virus que podo ter… “eu a mascarilla, mascarilla foi a voda da miña filla que saiu ben cara, imaxina se foi cara que acabaron case todos presos”.

Jaime da Custoura o alcalde pedaneo de Ardebullo quiso quitarlle ferro o asunto e dixo “En Ardebullo todos son benvidos, con six pack ou con abominables, somos un pobo acolledor e inda que Aznar sexa un fodechinchos hai que querelo”.

Seguiremos embrullando!

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor