Recupérase o corpo sen vida dunha persoa na zona portuaria de Oza, na CoruñaRecupérase o corpo sen vida dunha persoa na zona portuaria de Oza, na Coruña

Recupérase o corpo sen vida dunha persoa na zona portuaria de Oza, na Coruña

O corpo sen vida dunha persoa foi localizado a última hora da mañá deste mércores nas inmediacións do porto de Oza, na Coruña, concretamente na zona comprendida entre a praia e peirao pesqueiro.

Arredor das 11:40 horas, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia recibiu a chamada dun particular que alertaba da presenza dun cadáver flotando na auga.

De inmediato, os xestores do 112 Galicia mobilizaron o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Salvamento Marítimo e o Servizo de Gardacostas de Galicia. Así mesmo, solicitouse a intervención dos Bombeiros da Coruña, de Protección Civil e de axentes da Policía Nacional, a Policía Local e a Garda Civil.

Nestes momentos, as forzas de seguridade traballan no lugar dos feitos para esclarecer as circunstancias que rodean o suceso.

Autor

Por Xornal Galego

Xornal Galego, un xornal galego, en galego e para todo o mundo

Deixa unha resposta