Bolsas para actividades deportivas no Concello de Arteixo
Considerando que o Concello de Arteixo recoñece as funcións do deporte como elemento fundamental na formación integral e avance da calidade de vida dos cidadáns e como favorecedor da cohesión social, considerando de interese a actividade deportiva.
Consecuentemente, é preciso destinar recursos económicos á actividade de fomento, para a concesión de axudas económicas destinadas á promoción do deporte federado, organización de eventos deportivos e á organización de programas de fomento da actividade física saudable.
As condicións para inscribirse poden consultarse nas bases en detalle no enlace inferior.
O prazo para presentar as solicitudes será de DEZ DÍAS HÁBILES, contados desde o seguinte á publicación oficial do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, na forma e nos termos previstos na Lei Xeral de Subvencións.

