Chegan os alimentos con insectos o mercado español

Chegan os alimentos con insectos o mercado español

Chegan os alimentos con insectos o mercado español Unha cadea de supermercados en España comezou esta semana a vender barras enerxéticas, cereais, aperitivos e masas con saltóns, grilos e larvas. Parece estraño no Occidente, mais máis de dous mil millóns de persoas no mundo son consumidores regulares de insectos. A multinacional francesa Carrefour lanzou unha

Chegan os alimentos con insectos o mercado español

Unha cadea de supermercados en España comezou esta semana a vender barras enerxéticas, cereais, aperitivos e masas con saltóns, grilos e larvas. Parece estraño no Occidente, mais máis de dous mil millóns de persoas no mundo son consumidores regulares de insectos.

A multinacional francesa Carrefour lanzou unha nova gama de produtos á base de insectos en España.

Entre as iguarias á escolla nas súas 300 tendas españolas os consumidores encontran chili de vermes, barras de chocolate amargo con figos e grilos en po, alén de masas e granola repletas de insectos.

“A idea é ofrecer aos consumidores os produtos máis innovadores e facilitar alternativas sustentábeis e amigas do ambiente”, informou a multinacional en comunicado.

“Estes produtos foron todos fabricados na Europa e respectan os máis altos valores de calidade. San feitos manualmente e usan ingredientes de agricultura sustentábel”, engadiu.

“As embalaxes son feitas en papel reciclado e hai información detallada sobre os ingredientes e valores nutricionais”, subliña, sendo os insectos unha boa fonte de graxa, fibra, proteína, vitamina B e aminoácidos.

Os prezos chegan aos sete euros.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor