Convocatoria gratuita para os certificados Celga

Convocatoria gratuita para os certificados Celga

Convocatoria gratuíta dos cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga Convocase con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior, presenciais e en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2018/19, nas escolas oficiais

Convocatoria gratuíta dos cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga

Convocase con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior, presenciais e en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2018/19, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia

 

Obxecto

Convocar, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior, presenciais e en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2018/19, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican nos anexos I e II, respectivamente.

Os cursos impartiranse entre setembro de 2018 e maio de 2019, en horario de mañá ou de tarde.

Solicitudes e prazos de inscrición

As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na secretaría da escola oficial de idiomas correspondente unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O alumnado con necesidades educativas especiais indicará na súa solicitude a acreditación do seu grao de discapacidade. A EOI poñerá esta circunstancia en coñecemento dos equipos de orientación específicos dependentes da xefatura territorial respectiva para que se determinen as adaptacións pertinentes.

Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente os datos necesarios para realizar o proceso selectivo do alumnado, non se axusten ao formulario de solicitude ou sexan presentadas fóra de prazo.

O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día 3 ata o 12 de setembro de 2018, para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro); e desde o 2 ata o 11 de xaneiro de 2019, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

A falsidade ou a ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado.

Presentación da documentación

Unha vez rematado o proceso de asignación de prazas, o alumnado seleccionado deberá presentar na secretaría da escola onde foi admitido a documentación que se especifica nas epígrafes sétima e décima primeira desta resolución.

O prazo para a presentación desta documentación será ata o día 19 de setembro de 2018, para os cursos do primeiro cuadrimestre e ata o 18 de xaneiro de 2019, para os cursos do segundo cuadrimestre.

A falta de presentación destes documentos no prazo establecido dará lugar á exclusión da persoa solicitante previamente seleccionada e a escola poderá dispor da súa praza para ser ocupada pola persoa correspondente da listaxe de agarda.

Cursos que se ofertan

Os cursos de linguaxe administrativa galega ofertados nas distintas escolas oficiais de idiomas de Galicia figuran no anexo I desta resolución.

A oferta dos cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, figura no anexo II.

A oferta de cursos recollida nesta resolución poderá ser modificada en función da organización académica de cada escola, caso en que as escolas oficiais de idiomas farán pública a nova oferta con anterioridade suficiente ao inicio dos cursos.

Sección 2ª. Características dos cursos Celga

Sección 3ª. Características dos cursos de linguaxe administrativa galega

Programación, contidos, profesorado e avaliación

Datas de realización dos cursos

ANEXO I Relación de cursos de linguaxe administrativa presenciais ofertados

ANEXO II Relación de cursos Celga ofertados

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor