Copa do mundo de fútbol 2026 en Canadá, Estados Unidos e México

Copa do mundo de fútbol 2026 en Canadá, Estados Unidos e México

A Copa Mundial da FIFA de 2026 celebrarase en Canadá, Estados Unidos e México De Wikinoticias Moscú, Rusia. Este mércores, 13 de xuño, durante o 68.º Congreso da FIFA que se celebraba en Moscova decidiuse que as sedes do Mundial de 2026 serán Canadá, Estados Unidos e México. Trátase da primeira vez na que unha

A Copa Mundial da FIFA de 2026 celebrarase en Canadá, Estados Unidos e México

De Wikinoticias

Moscú, Rusia. Este mércores, 13 de xuño, durante o 68.º Congreso da FIFA que se celebraba en Moscova decidiuse que as sedes do Mundial de 2026 serán Canadá, Estados Unidos e México. Trátase da primeira vez na que unha fase final da Copa do Mundo celebrarase en tres países distintos. A única vez que se celebrou en máis dun país foi durante a Copa Mundial de Fútbol de 2002 que tivo lugar en Corea do Sur e Xapón.

A candidatura conxunta norteamericana recibiu 134 votos dos 200 que foron emitidos (o 67 %), a candidatura marroquí obtivo 65 votos (o 32,5 %) e a Federación de Fútbol de Irán votou por non elixir ningunha das dúas sedes (o 0,5 %). A Asociación de Fútbol de Cuba, a Asociación de Fútbol de Eslovenia e a Real Federación Española de Fútbol abstivéronse na votación.

O Mundial de 2026 será o primeiro no que 48 seleccións participen na fase final, en lugar de 32 como viña facendo desde a edición de 1998. Isto fai que cambien o número de prazas para cada confederación. A Unión de Asociacións Europeas de Fútbol (UEFA) pasa de 13 a 16 cotas, a Confederación Africana de Fútbol (CAF) de 5 a 9, a Confederación Asiática de Fútbol (AFC) de 4 a 8, a Confederación Suramericana de Fútbol (Conmebol) de 4 a 6, a Confederación de Norteamérica, Centroamérica e o Caribe de Fútbol (Concacaf) de 3 a 6 e a Confederación de Fútbol de Oceanía (OFC) pasa a ter unha praza asegurada cando antes se decidía nunha eliminatoria contra unha selección doutra confederación. As dúas prazas restantes sairán dun minitorneo de repesca que enfrontará a unha selección de cada confederación excepto da UEFA e da Concacaf por ser os anfitrións. Os gañadores das semifinais do minitorneo clasificaranse para a fase final do Mundial. O Consello da FIFA ten que decidir aínda cal do tres países onde se celebrará o Mundial obtén a clasificación directa por ser anfitrión.

O torneo pasará a ter 80 partidos, 16 máis que en edicións anteriores, pero seguirá tendo a mesma duración, 32 días. En lugar dos 8 grupos de 4 seleccións actuais, o torneo terá 16 grupos de 3 seleccións cada un e dos que as dúas primeiras pasarán aos dezaseisavos de final.

O seguinte Congreso da FIFA celebrarase o 5 de xuño de 2019 en París, dous días antes do primeiro partido da Copa Mundial Feminina de Fútbol de 2019 que se disputará en Francia.

Autor

Xornal Galego
ADMINISTRATOR
PROFILE

Posts Carousel

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

Autor